


CEIP Princesa de España
- 23 may 2022
Navega con rumbo!
Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria aprendeu acerca da seguridade nas redes grazas ao programa "Navega con rumo" da Consellería de Educación. Jose foi o experto que se encargou de axudarlles a comprender mellor os riscos que se atopan no uso da Internet. #5ºEP #6ºEP #TIC #PDC #ER #Curso2021_2022
27 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 18 may 2022
Día Internacional da Reciclaxe.
O pasado 17 de Maio tamén se conmemorou o Día Internacional da Reciclaxe, un tema moi importante e que traballamos a diario no cole, xa que nós queremos colaborar co coidado do noso planeta! Dende de o equipo de Dinamización das Tics preparamos un xogo para que vexades canto sabedes sobre o tema! animádevos a facelo! Antes podedes ver o enlace do vídeo para poñervos ao día co tema! VÍDEO: XOGO: #EI #EP #TIC #PDC #ER #EscolaVerde #Curso2021_2022 #Conmemoración
20 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 4 may 2022
Día Internacional contra o Bulling II
@s máis peques do cole tamén se sumaron a loita contra o Bulling e fixérono a través do conto "As xirafas non poden bailar" de Giles Andreae. El@s entenden a importancia desta data e din NON ao Bulling! #EI #TIC #PDC #ER #Conmemoración #Curso2021_2022
41 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 2 may 2022
Día Internacional contra o Bulling
O alumando de sexto de primaria traballou hoxe para reivindicar unha data con moito significado. Seguiremos loitando para que non haxa ningún nen@ sol@ ou triste por esta causa. #6ºEP #TIC #PDC #ER #Curso2021_2022
21 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 28 abr 2022
Concurso de curtas polas Letras Galegas!
Co gallo das celebración do Día das Letras 2022, o equipo Tic organiza un concurso de curtas para o alumnado de 4º , 5º e 6º de primaria. Animádevos a participar! E lembrade: - Pódese participar só ou en equipo. - O tema é libre: amor, terror... - É indispensable que sexa en galego. - Pódense usar filtros e efectos especiais. - Enviarase as titoras por whastapp antes do 17 de maio. - @ gañad@r ou gañadores publicaranse na web do cole. MOITA SORTE! #4ºEP #5ºEP #6ºEP #TIC #PDC
35 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 23 abr 2022
Día do Libro 2022
Co gallo do Día do Libro 2022, o alumnado de Infantil e de primer ciclo de Primaria, realizou unha dramatización do libro preferido de cada aula. Agardamos que desfrutedes destas pequenas historias! INFANTIL: HISTORIAS DE RATIÑOS. 1ºA DE PRIMARIA: A CASA DA MOSCA FOSCA. 1ºB DE PRIMARIA: O PIRATA PATA DE LATA. 2ºA DE PRIMARIA: ORELLAS DE BOLBORETA. #EI #EP #EDLG #PDC #TIC #Biblioteca #Conmemoración #Curso2021_2022
46 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 29 mar 2022
Caligramas de Primavera
A semana pasada todas as aulas do centro elaboraron un caligrama para conmemorar o Día da Poesía e, ao mesmo tempo celebrar a chegada da primavera, unha estación que nos encanta! Con todos eles fixemos un libro dixital ao que poderedes acceder pinchando na seguinte imaxe! Agardamos que o disfrutedes! #EI #EP #TIC #Conmemoración #Curso2021_2022
58 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 20 mar 2022
Día da Felicidade!
Hoxe celébrase o Día Mundial da Felicidade e non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir con vós a nosa alegría... A diario vemos demasiadas cousas que nos desagradan ao noso redor, nós preferimos celebrar as boas! Agardamos que teñades un bo día e que se vos pegue un anaquiño dos nosos sorrisos! #EI #EP #ER #TIC #Conmemoración #Curso2021_2022
40 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 10 mar 2022
Entrega de premios!
No día de onte repartíuse o premio a Ermelinda, gañadora do Sorteo TIC de Entroido. Tamén se entregou un pequeno detalle para tod@s @s participant@s polo seu esforzo e adicación. Grazas tamén as súas familias por colaborar! De que será o Sorteo o vindeiro ano??? #EI #EP #TIC #PDC #Entroido #Curso2021_2022
55 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 7 mar 2022
Xa temos gañadora do SORTEO TIC!
Xa temos gañadora do II Sorteo TIC con motivo do Entroido! Noraboa!!! A continuación podedes visualizar un pequeno vídeo co sorteo online! Grazas a todos e todas por colaborar! #EI #EP #TIC #PDC #Entroido #Curso2021_2022
53 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 5 mar 2022
Sorteo Tics Entroido
Onte rematou o prazo para participar no Sorteo de fotografías dos vosos disfraces e traxes preferidos de entroido. O vindeiro día 7 publicaremos quen é @ gañad@r ! Estade moi atentos á web! Todas as fotografías son moi divertidas! Moita sorte e grazas por participar! #EI #EP #TIC #PDC #Entroido #Curso2021_2022
96 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 4 feb 2022
SORTEO TICS DE ENTROIDO
Tralo éxito do último concurso voltamos! Ao longo deste mes poderedes enviar unha foto co voso disfraz favorito de entroido ou co traxe de cigarrón ao correo do cole: princesaverin@gmail.com Tedes de prazo ata o vindeiro 4 de marzo. Animádevos! #EI #EP #TIC #PDC #Curso2021_2022 #EDLG
38 visualizaciones

CEIP Princesa de España
- 2 dic 2021
Calendario de Advento!
Comeza o mes de decembro! un mes especial e cheo de ilusión! Todos os anos preparamos un adorno navideño para axudar aos compañeiros e compañeiras de sexto na súa excursión de fin de etapa. O COVID fíxonos deixar de facelo o pasado ano, pero este querémolo retomar, e faremos os adornos para colaborar cunha gran festa de Fin de Curso! Venderémolos o vindeiro sábado na Feira de Nadal! Agardamos que nos veñades facer unha visita! E para abrir boca, deixámosvos un calendario de
132 visualizaciones

CEIP Princesa de España
- 31 oct 2021
Historias terroríficas IV
Por se aínda non foi suficiente, @s alumn@s de 5ºA, 5º B, 6ºA e 6ºB narraron na radio do cole dous historias para valientes... De seguido poderedes escoitalas! Historia de 5ºA e 5ºB: Historia de 6ºA e 6ºB: #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #PlanB #Conmemoración #Curso2021_2022 #Radioescolar #Radioleofante
52 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 30 oct 2021
Historias terroríficas III
Seguimos cos relatos de terror... Desta vez é o alumnado de 3ºA, 4ºA e 4ºB os que van tentar asustarvos cunha historia de creación propia. De seguro que o consiguen... #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #PlanB #Conmemoración #Curso2021_2022
39 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 30 oct 2021
Historias terroríficas II
Aínda tedes ganas de máis? Pois a continuación deixamos un conto de terror elaborado pol@s alumn@s de 1º A e B e ilustrado pol@s alumn@s de 2ºA. De seguro que arrepiades coa historia "A casa do terror". #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #PlanB #Conmemoración #Curso2021_2022
66 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 29 oct 2021
Samaín no Princesa
Hoxe no cole celebramos o Samaín, e aínda que non poidamos facer festas como antes, tentamos disfrutar e pasar un día entre medos e risas! Houbo tempo para disfraces, manualidades, cociña montruosa, bailes, cine pero sobretodo risas! Deixámosvos un vídeo resumo para que poidades comprobalo, pero antes, podedes ver as fotos dos gañadores do concurso de vasoiras terroríficas! Vaia pasada! #EI #EP #EAEC #TIC #EDLG #Educacionemocional #Conmemoración #Curso2021_2022
241 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 29 oct 2021
Historias terroríficas en miniatura
@s máis peques do cole vannos facer tremer co conto que elaboraron... "A pantasma glotona Cloe". #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #Conmemoración #Curso2021_2022
67 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 27 oct 2021
Historias terroríficas
Co gallo do Samaín, este ano @s alumn@s do Princesa están a preparar uns contos para asustar a grandes e pequenos… atrevédesvos? Estade atentos á web e ao facebook do cole porque ao longo da fin de semana poderedes disfrutalas! #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #Curso2021_2022 #Conmemoración
79 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 24 sept 2021
Benvido Outono!
Como no Princesa nos encanta celebrar, fixemos un pequeno vídeo para darlle a benvida oficial a esta fermosa estación! Para que vexades que sabemos sacarlle partido a todo! #EI #EP #TIC #EDLG #Curso2021_2022
60 visualizaciones