top of page

Localización

Verín é unha localidade situada no sureste da provincia de Ourense, a beira do río Támega. É coñecida polas  súas aguas minerais que foron patrocinadores da selección española de fútbol: Fontenova, Cabreiroá, Sousas.  Tamén e moi coñecido polo castelo que o preside, Monterrey, e polo seu parador nacional.

As súas festas son moi coñecidas, sobre todo o Entroido,  do que destacamos co noso traxe tradiecional e típico: o cigarrón, de gran antigüidade.

Limita ao norte co municipio de Castrelo do Val, ao este co municipio de Vilardevós, ao sur con Portugal, ao oeste co municipio de Oímbra e Monterrey e ao noroeste co municipio de Monterrey.

A continuación, podedes ver como chegar a Verín a través da aplicación de Google Maps.

bottom of page