top of page

Formación docente

Os mestres e mestras do colexio, como cada ano, participan en diferentes actividades que fomentan a innovación educativa. Os programas e plans que desenvolvemos básanse nas necesidades educativas do noso alumnado tratando de mellorar a calidade e os resultados escolares dos nenos e nenas do centro.

TEI

Desde o curso 2016/2017, no colexio desenvólvese un Plan Específico de Formación Permanente (PFPP) sobre a Titoría Entre Iguais (TEI)

Educación Responsable

Para este curso 2018/2019 o noso centro comeza a formación nun proxecto Educación Responsable (ER) que repercutirá positivamente no alumnado e no profesorado. Trátase dun proxecto avalado pola fundación Botín que promove un crecemento globalizado dos seus participantes.

 

Aquí vos deixamos un enlace á web.

O Plan Proxecta é unha iniciativa dirixida a fomentar a innovación educativa a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Este ano no CEIP Princesa de España decidimos solicitar estes tres proxectas. Se queredes máis información preme nos seguintes links:

bottom of page