top of page

Colaboracións:

Plan Proxecta

Donas de si

Despois da gran implicación no curso pasado por parte do alumnado e claustro do centro escolar queremos continuar co Proxecta Donas de si que tan necesario é nun contexto como o noso. A educación para a igualdade segue a ser un obxectivo a traballar coas crianzas en xeral pero tamén coa comunidade educativa a cal queremos implicar neste curso.

 

OBXECTIVOS

-          Dar a coñecer ao alumnado modelos femininos que fixeron  valiosas achegas á sociedade en diversos ámbitos e épocas.

-          Dar visibilidade ás mulleres da nosa contorna.

-          Mellorar a educación en igualdade.

-          Investigar sobre a igualdade de sexos nos ámbitos educativos.

-          Implicar ás familias no Proxecta.

-          Identificar e analizar estereotipos e linguaxe sexista.

No curso 2017/2018 no colexio iniciamos, a través deste plan, a loita pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres. Afondamos na diversidade cultural para recoñecer o papel da muller nos diferentes contextos que lles toca vivir.

Na bitácora poderedes ver as diferentes actividades que realizamos o colexio:

bottom of page