top of page
Plan Proxecta
Proxecto Deportivo de Centro -
Centros Activos e Saudables
O proxecto pretende fomentar a vida activa e saudable abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade. Isto levarase a cabo a través do incremento, dentro e fóra do horario lectivo, da carga real de actividade física que realiza o alumnado.
Ademais, consideramos oportuno potenciar hábitos de vida activos e saudables para mellorar a condición física do alumnado. Polo tanto, a procura dunha dieta saudable formará parte do proxecto como parte fundamental do desenvolvemento físico.
bottom of page