Orientacións para actuar con nenos/as con problemas de conduta

- O neno/a debe saber o que se pode e o que non se pode facer, o que está permitido facer e o que non.

- E necesario ser moi constante nas regras e na disciplina.

- Ten que estar ó tanto das consecuencias que se producirán nel no caso de transgredir as normas.

-Procurar que o neno/a non teña nunca proveito algún da súa conduta agresiva.

- Convén cumplir sempre tanto os premios como os castigos merecidos.

- No trato con el, evitar os enfoques negativos, os desprezos...

- Recoñecerlle o neno/a calquera conducta positiva por pequena que sexa.

- Atender as sinais que anuncian unha conduta negativa para intentar evitala a base de capatar mooto a súa atención en cousas que o descentren desa situación.

- Louvar en público as súas condutas de colaboración, as súas tarefas ben feitas, os seus modais...

- Traballar un autoconcepto positivo. Algo que non podemos esquecer nunca por incidir de maneira determinante nos comportamentos e rendementos. O mestre debe destacar os seus valores positivos, aínda que sexan mínimos.

- Evitar  airear ante os demais as súas malas condutas pois quedaría publicamente fixada a imaxe de "neno malo", xa que así evitaremos que se produzan esas condutas.

- Darlle "responsabilidades", o cal é esencial para o seu crecemento. As tarefas deben estar dentro das súas capacidades aunque requiran supervisión. 

SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE...DEBEMOS RECOÑECER OS SEUS ESFORZOS POR IMPERFECTOS E PEQUENOS QUE SEXAN!!

 

NON A DISCRIMINACIÓN!!!