ANPA
do ceip princesa de españa

Esta ANPA é unha asociación sen ánimo de lucro de nais, pais ou titores/as legais do alumnado matriculado no CEIP Princesa de España que ten como obxectivo contribuir á mellora da formación académica e humana d@s nos@s fill@s.
Desde o curso 2018/2019 volveu a constituirse a Asociación de Nais e Pais de Alumnos e Alumnas (ANPA) do CEIP Princesa de España de Verín.
Na Asamblea Xeral Extraordinaria que tivo lugar no mes de novembro acordouse a eleción da nova Xunta Directiva da ANPA:
- Presidenta: Mª de los Ángeles García Fariñas
- Tesoreira: Mª Belén Santamarina García
- Vocal: Sandra Colemenero Fernández
- Secretaria: Mª Pilar Feijóo Valcárcel
Aquí podedes consultar o texto completo en PDF sobre os estatutos da nosa Asociación.
Se tedes ganas de formar parte da nosa asociación e polo tanto, colaborar no cole d@s nos@s fill@s, a ANPA ofrece esta oportunidade.
Asociarse á ANPA é moi sinxelo, só tedes que inscribiros e pagar unha única cuota por familia.