top of page
Audición.jpg

Aula de

Audición e

Linguaxe

Lenguaje.jpg

Cales son as funcións dunha mestra ou mestre de Audición e Linguaxe?

As funcións da mestra de AL son moi variadas. Algunhas destas funcións son os seguintes:
1.Fomentar a prevención de problemas na área da linguaxe.
2. Diagnosticar e avaliar a existencia ou non dun trastorno na comunicación ou na linguaxe.
3.Aumentar as capacidades comunicativas e lingüísticas dos alumnos.
4.Asesorar a familias e a mestres, sobre todo, naqueles casos que sigan unha intervención
5. Colaborar xunto co resto dos mestres na elaboración de programas, documentacion, adaptacións....que sexan necesarios no centro

Qué facemos na aula de Audición e Linguaxe?

- Mellorar a discriminación auditiva (tanto en sons, como en sílabas e palabras).

- Estimular as habilidades metalingüísticas (Conciencia léxica, silábica e fonolóxica)

- Favorecer a articulación daqueles fonemas ou palabras que pronunciamos mal.

- Aumentar o vocabulario aprendendo novas palabras.

- Propiciamos unha esstruturación correcta da linguaxe oral, construindo frases e oracións sinxelas e ampliando a sua complexidade.

- Iniciamos, apoiamos e reforzamos a lectura en voz alta e mais adiante a lectura silenciosa.

- Iniciamos, apoiamos  e reforzamos a escritura, utilizando métodos adecuados ás necesidades do noso alumnado (globais, mixtos ou silábicos).

- Traballamos a comprensión oral e a lectora.

- Estimulamos a expresión oral e escrita.

- Realizar talleres ortográficos.

- Traballamos sistemas aumentativos ou alternativos a comunicación.

Bitácora AL

bottom of page