Buscar


CEIP Princesa de España
- hace 4 días
Vídeos da Graduación de Infantil
Un recordo para as familias e os peques que se graduaron este curso en Infantil! #EI #PDC #EACE #Curso2021_2022 #Graduación
31 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 22 jun
Graduacion 6º de primaria!
Continuamos o día ca graduación do alumnado de 6º, que remata a sua etapa na educación primaria para pasar ao instituto. Ademais da entrega de orlas e bandas, alumnos e familias visionaron un vídeo co seu percorrido polo noso centro dende que eran uns cativos. Para rematar o acto, algunhas das graduadas deleitáronnos cun baile con moita arte! A comunidade educativa do Ceip Princesa de España deséxavos o mellor neste novo camiño que comezades! #6ºEP #EACE #PDC #Graduación #Cur
133 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 22 jun
Graduación Infantil
Vaia día de emocións! que comeza coa graduación dos peques do cole que rematan a doce etapa de infantil para comezar a Educación Primaria! Grazas as profes Dolly e Tere e as familias dos nosos pequenos! Moita sorte! #EI #ER #EAEC #Curso2021_2022 #Graduación
184 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 21 jun
Reducir, reutilizar e reciclar!
@s Nen@s de terceiro de primaria aprenderon a regra das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar a través de diferentes xogos onde demostraron que coidar o medioambiente pode ser moi fácil se o intentamos. #3ºEP #PDC #ER #Curso2021_2022
19 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 21 jun
Fin de Curso 2021_2022
Hoxe todo o cole celebrou o fin deste curso con diferentes xogos no patio! Temos moitas ganas de vacacións aínda que tamén nos da pena non ver a algúns dos nosos compis durante o verán... Por iso hoxe aproveitamos para despedirnos! Divertímonos un montón! #EI #EP #PDC #EACE #Curso2021_2022
91 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 10 jun
CONVIVENCIA EN TINTORES 2022
Hoxe o alumando do centro puido voltar a disfrutar da convivencia en Tintores! Alumn@s e persoal do centro desplazámonos a veiga do río para xogar, aprender, divertirnos e pasar un día cheo de sorpresas! #EI #EP #PDC #EAEC #ER #Convivencia #Curso2021_2022
119 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 7 jun
SEMANA INTERCULTURAL
Ao longo da semana pasada traballamos a interculturalidade presente no centro a través de alumnado que ten raíces en diferentes países do mundo! Pero todos eles cunha gran riqueza cultural que en moitas ocasións, descoñecemos. Este curso tocounos aprender un pouco máis de Marrocos, Portugal, Ghana e Venezuela coa axuda dos nenos e nenas de 5º e 6º de primaria. Que países coñeceremos o vindeiro curso? #EI #EP #PDC #ER #EducacionEmocional #Conmeoración #Curso2021_2022
58 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 31 may
Concurso Manualidades Natureza
Que bonita que está a quedar a entrada do cole cos traballos realizados polo alumnado para o concurso! En breve, informaremos d@ gañad@r! #EI #EP #PDC #ER #EscolaVerde #Curso2021_2022
59 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 26 may
Contacontos duns amig@s especiais!
No día de hoxe Tania, alumna do IES Xesús Taboada Chivite, visitou o noso centro para contar o conto "La gran fábrica de las palabras" ao alumnado de Infantil e 1º de Primaria. Que ben o pasamos! E que ben o fixo! Ademais trouxeron un agasallo para facer a nosa propia "Fábrica de palabras". Moitas gracias Tania! Volta cando queiras! #EI #1ºEP #Biblioteca #PDC #Curso2021_2022
47 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 25 may
A vaca Lola!
Os nenos e nenas de 3 e 4 anos desfrutamos hoxe muxindo a nosa vaca Lola!! #EI #PDC #ER #Curso2021_2022
28 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 23 may
Navega con rumbo!
Esta mañá o alumnado de 5º e 6º de primaria aprendeu acerca da seguridade nas redes grazas ao programa "Navega con rumo" da Consellería de Educación. Jose foi o experto que se encargou de axudarlles a comprender mellor os riscos que se atopan no uso da Internet. #5ºEP #6ºEP #TIC #PDC #ER #Curso2021_2022
25 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 20 may
Visita ao Auditorio de Verín!
Na mañá de hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria asistiron ao Auditorio e Conservatorio de Música de Verín. Alí coñeceron a diferentes profesionais que traballan no mesmo e a que se adican. @s alumn@s puideron participar en diferentes actividades para familiarizarse coas actividades que alí levan a cabo: Algún profe tamén se animou a participar... E para rematar a xornada, un debuxiño do que máis nos gustou. Viva a música! #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #Auditorio #Curso202
57 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 18 may
Día Internacional da Reciclaxe.
O pasado 17 de Maio tamén se conmemorou o Día Internacional da Reciclaxe, un tema moi importante e que traballamos a diario no cole, xa que nós queremos colaborar co coidado do noso planeta! Dende de o equipo de Dinamización das Tics preparamos un xogo para que vexades canto sabedes sobre o tema! animádevos a facelo! Antes podedes ver o enlace do vídeo para poñervos ao día co tema! VÍDEO: XOGO: #EI #EP #TIC #PDC #ER #EscolaVerde #Curso2021_2022 #Conmemoración
19 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 17 may
Feliz Día das Letras Galegas!
Agora só nos resta ensinarvos algúns máis dos traballiños que fixemos para conmemorar esta data! Traballamos a cotío, pero mereceu a pena! Seguiremos aprendendo, ensinando e valorando as nosas Letras! INFANTIL 1º 2º 3º 4º 5º 6º #EI #EP #EDLG #PDC #Conmemoración #Curso2021_2022
27 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 15 may
Feliz Día da Familia!
Hoxe conmemórase o Día da Familia e ao longo da pasada semana @s alumn@s do cole investigaron sobre os tipos de familia e incluso preparon algúns agasallos para as súas, porque todas son importantes! Grazas ás familias dos nosos peques por axudar na labor educativa, pero sobre todo por querer e coidar a@s nos@s cativ@s! Deixámosvos algúns exemplo dos traballiños! INFANTIL 1º 2º 3º 4º 5º 6ºA Traballou o tema a través do arte Español dos séculos XIX e XX 6ºB #EI #EP #Conmemorac
59 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 13 may
CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Xa sabedes que no noso cole, encántanos festexar, e un día tan importante como o das Letras Galegas, aínda máis. Por iso, alumnado voluntario de diferentes aulas do centro preparou xunto cos profes Xabier e Xoán unha canción homenaxe á Rosalía de Castro. Ademais tod@s os alum@s participaron na resolución de diferentes enigmas sobre a vida do autor homenaxeado este ano: Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Agardamos que vos guste! #EI #EP #Conmemoración #Curso2021_2022 #EDLG #P
62 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 12 may
Días das Letras Galegas 2022
No cole xa estamos a traballar o Día das Letras Galegas 2022, este ano adicado ao escritor Florencio Manuel Delgado Gurriarán e @s peques do cole preparon xa un vídeo para que o coñezades! #EI #EDLG #Conmemoración #Curso2021_2022
30 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 11 may
Contacontos Xela Arias
Hoxe @s cativ@s de 1º e 2º de primaria disfrutaron dun contacontos sobre a escritora galega Xela Arias grazas ao proxecto no que participa o cole "Donas de sí". Ademais de aprender máis cousiñas sobre a autora, pasaron un bo ratiño! Grazas a Quique e a Tania por facelo tan ben! #1ºEP #2ºEP #Biblioteca #PDC #Donasdesi #ER #Curso2021_2022
37 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 4 may
Día Internacional contra o Bulling II
@s máis peques do cole tamén se sumaron a loita contra o Bulling e fixérono a través do conto "As xirafas non poden bailar" de Giles Andreae. El@s entenden a importancia desta data e din NON ao Bulling! #EI #TIC #PDC #ER #Conmemoración #Curso2021_2022
38 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 2 may
Maios 2022
Como todo os anos o Ceip Princesa de España participou na celebración dos Maios que ten lugar na Alameda de Verín. Desta volta con máis esforzo aínda xa que os máis peques tamén elaboraron o seu propio Maio. Para os que non poidestes pasar por alí, aquí vos deixamos unha fotiños. Grazas a profes e alumnos pola creatividade e o traballo! #EI #EP #PDC #EAEC #Conmemoración #Curso2021_2022 #ComunidadeEducativa
41 visualizaciones