CEIP Princesa de España
- 2 dic 2021
Calendario de Advento!
Comeza o mes de decembro! un mes especial e cheo de ilusión! Todos os anos preparamos un adorno navideño para axudar aos compañeiros e compañeiras de sexto na súa excursión de fin de etapa. O COVID fíxonos deixar de facelo o pasado ano, pero este querémolo retomar, e faremos os adornos para colaborar cunha gran festa de Fin de Curso! Venderémolos o vindeiro sábado na Feira de Nadal! Agardamos que nos veñades facer unha visita! E para abrir boca, deixámosvos un calendario de
132 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 25 nov 2021
Xuntas mudamos o conto!
Co gallo do 25N día no que se celebrou o día Internacional contra a violencia de xénero os nosos pequenos e pequenas desfrutaron ao redor do conto ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? de Raquel Díaz Reguera. A continuación fixeron os seus propios murais con debuxos que quedaron espectaculares. Todos os alumnos e alumnas traballaron moito para mostrar que o respeto non entende de cores. 1º EP 2º e 3º EP #25N #infantil #1ºEP #2ºEP #3ºEP #Curso2021_2022 #EDLG
68 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 23 nov 2021
Correlingua.
Onte, o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu ao Auditorio Municipal a participar no Correlingua 2021 para que a nosa mocidade continúe a aprender o importante da defensa da nosa lingua! Que divertido foi! #5ºEP #6ºEP #EDLG #Auditorio #Excursión #Curso2021_2022
38 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 22 nov 2021
Científicos por un día!!
Hoxe as nenas e nenos do noso cole que están en 3º e 4º de EP puideron sentir a emoción de experimentar e ser científicos por un pouco, e xa que o 10 de novembro se celebrou o día da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento aproveitamos para aprender algo máis sobre estas inquedanzas. Dende Gondomar chegaron dous fantásticos científicos, Amparo e Suso, que nos mostraron e demostraron numerosos inventos firmados por mulleres que traballaron pola ciencia, vimos distintas cores n
52 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 20 nov 2021
20 de novembro, día do Neno
Hoxe é o día do neno e por iso fixemos este vídeo cos nosos pequenos como principais protagonistas. Agardamos vos guste tanto como a nós! #Curso2021_2022 #Díadoneno #20_novembro #Conmemoración #EDLG
39 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 19 nov 2021
Excursión de outono en 1º!
Hoxe @s peques de 1º fixemos unha pequena saída para coñecer a natureza que nos arrodea. Como misión tiñamos que atopar diferentes seres vivos, e todos os equipos o conseguimos. De paso, paseamos, xogamos e merendamos. Que ben o pasamos! #1ºEP #EscolaVerde #Curso2021_2022 #EDLG
76 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 19 nov 2021
Ti si que es un bo peixe
"A ritmo de peixe e mar, PEIXE amosa o bo xantar" Onte o alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria, disfrutaron e divertíronse coa actividade do proxecto "Aliméntate ben". Coñecemos un anaco máis sobre o peixe que baña as nosas costas, o rico e o san que é! Só quedamos con ganas de probalo e bailar un chisco máis! #EI #EP #1ºEP #2ºEP #3ºEP #PDC #AliméntateBen #SaúdePrato #Curso2021_2022 #EDLG
41 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 18 nov 2021
As aventuras de 5º
Hoxe os nenos e nenas de 5º fixeron unha viaxe alucinante dende Verín ata Santiago de Compostela grazas "As abraiantes aventuras de Mariña". #EP #5ºEP #Biblioteca #ProgramaMeiga #Curso2021_2022 #EDLG
70 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 17 nov 2021
Cociñeiros por un día
Os nenos e nenas de Infantil elaboraron unha receita típica do outono: Pan de Noces. Queredes aprender como se fai? Moi atentos! #EI #Curso2021_2022 #EDLG
60 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 13 nov 2021
Magosto 2021
Onte no cole celebramos o Magosto! Aínda que con restriccións, puidemos disfrutar de xogos e ricas castañas! Ademais fixo unha tarde estupenda! Así que deixámosvos un pequeno resumo para que vexades o ben que o pasamos cada nivel, no seu recuncho de patio... Moitas grazas a Carlos, Jose Manuel e Michel por facer lume e asar as castañas! #EI #EP #EAEC #Comedor #Conmemoración #Curso2021_2022 #EDLG
91 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 10 nov 2021
Día Internacional da Ciencia
Hoxe celébrase o Día Internacional da Ciencia, e o Princesa está cheo de pequenos científicos con ganas de probar, investigar, experimentar e aprender. Este é o segundo curso que levamos a cabo un proxecto científico no centro. Como dixo Ambrose Bierce "A dúbida é a nai do descubrimiento", e @s nos@s peques están a aprendelo! O noso recuncho da Ciencia: Ademais neste ano, réndese homenaxe a científica galega Tarsy Carballal, pioneira no estudio da xénese, clasificación e cart
37 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 4 nov 2021
O tesouro de Ofelia en 1º
Onte @s alumn@s de 1º de primaria recibiron unha visita moi especial! Viñeron dende a asociación FEMURO a contarnos un conto, falarnos de Mery Read, e de paso, facer unha manualidade pirata… foi moi interesante e ademais pasámolo xenial!
Moitas grazas pola vosa colaboración! #1ºEP #ER #Educacionemocional #Curso2021_2022 #EDLG
51 visualizaciones
CEIP Princesa de España
- 31 oct 2021
2ºA na Radio!
Aquí vos deixamos os comezos do alumnado de 2ºA na Radio Escolar! O Samaín deu para moito no noso cole! #EP #2ºEP #Biblioteca #PlanB #Conmemoración #Educacionemocional #Curso2021_2022 #Radioescolar #Radioleofante #EDLG
67 visualizaciones
CEIP Princesa de España
- 31 oct 2021
Historias terroríficas IV
Por se aínda non foi suficiente, @s alumn@s de 5ºA, 5º B, 6ºA e 6ºB narraron na radio do cole dous historias para valientes... De seguido poderedes escoitalas! Historia de 5ºA e 5ºB: Historia de 6ºA e 6ºB: #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #PlanB #Conmemoración #Curso2021_2022 #Radioescolar #Radioleofante
53 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 30 oct 2021
Historias terroríficas III
Seguimos cos relatos de terror... Desta vez é o alumnado de 3ºA, 4ºA e 4ºB os que van tentar asustarvos cunha historia de creación propia. De seguro que o consiguen... #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #PlanB #Conmemoración #Curso2021_2022
39 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 30 oct 2021
Historias terroríficas II
Aínda tedes ganas de máis? Pois a continuación deixamos un conto de terror elaborado pol@s alumn@s de 1º A e B e ilustrado pol@s alumn@s de 2ºA. De seguro que arrepiades coa historia "A casa do terror". #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #PlanB #Conmemoración #Curso2021_2022
66 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 29 oct 2021
Samaín no Princesa
Hoxe no cole celebramos o Samaín, e aínda que non poidamos facer festas como antes, tentamos disfrutar e pasar un día entre medos e risas! Houbo tempo para disfraces, manualidades, cociña montruosa, bailes, cine pero sobretodo risas! Deixámosvos un vídeo resumo para que poidades comprobalo, pero antes, podedes ver as fotos dos gañadores do concurso de vasoiras terroríficas! Vaia pasada! #EI #EP #EAEC #TIC #EDLG #Educacionemocional #Conmemoración #Curso2021_2022
241 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 29 oct 2021
Historias terroríficas en miniatura
@s máis peques do cole vannos facer tremer co conto que elaboraron... "A pantasma glotona Cloe". #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #Conmemoración #Curso2021_2022
67 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 27 oct 2021
Historias terroríficas
Co gallo do Samaín, este ano @s alumn@s do Princesa están a preparar uns contos para asustar a grandes e pequenos… atrevédesvos? Estade atentos á web e ao facebook do cole porque ao longo da fin de semana poderedes disfrutalas! #EI #EP #Biblioteca #TIC #EDLG #Curso2021_2022 #Conmemoración
79 visualizaciones

CEIP Princesa de España
- 26 oct 2021
Radio Leofante chega ao Princesa
A partires deste curso temos radio como nova actividade no noso cole. Estamos moi contentos de que os profes Patri e Xabier nos guíen nesta nova andaina. Temos moitas ganas de aprender e divertirnos nas ondas! Premendo nesta imaxe, vos deixamos unha mostra do que poderemos facer a partir de agora, agardamos que desfrutedes tanto coma nós cos programas! Estade atentos, haberá sorpresas! #Radio_Leofante #Curso2021_2022 #EDLG
91 visualizaciones