top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Científicos por un día!!

Hoxe as nenas e nenos do noso cole que están en 3º e 4º de EP puideron sentir a emoción de experimentar e ser científicos por un pouco, e xa que o 10 de novembro se celebrou o día da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento aproveitamos para aprender algo máis sobre estas inquedanzas.

Dende Gondomar chegaron dous fantásticos científicos, Amparo e Suso, que nos mostraron e demostraron numerosos inventos firmados por mulleres que traballaron pola ciencia, vimos distintas cores na tinta negra, xogamos co peso do aire, o filtro de café e ata queimamos diñeiro....

Que ben o pasaron os nosos pequenos e pequenas argallando para que os experimentos, aínda que parecían imposibles, saíron adiante.


bottom of page