


CEIP Princesa de España
- 1 dic 2022
Un contacontos do Ratiño Pérez
Hoxe os nosos pequenos e pequenas de educación infantil, primeiro e segundo foron ata o auditorio por primeira vez para moitos, a escoitar un conto coa voz de Raquel Queizás, que falaba sobre o Ratiño Pérez. Fíxonos moita ilusión e ata fixemos unhas fotiños con el!! #Curso2022_2023 #contacontos #EDLG
36 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 17 may 2022
Feliz Día das Letras Galegas!
Agora só nos resta ensinarvos algúns máis dos traballiños que fixemos para conmemorar esta data! Traballamos a cotío, pero mereceu a pena! Seguiremos aprendendo, ensinando e valorando as nosas Letras! INFANTIL 1º 2º 3º 4º 5º 6º #EI #EP #EDLG #PDC #Conmemoración #Curso2021_2022
30 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 13 may 2022
CELEBRACIÓN DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022
Xa sabedes que no noso cole, encántanos festexar, e un día tan importante como o das Letras Galegas, aínda máis. Por iso, alumnado voluntario de diferentes aulas do centro preparou xunto cos profes Xabier e Xoán unha canción homenaxe á Rosalía de Castro. Ademais tod@s os alum@s participaron na resolución de diferentes enigmas sobre a vida do autor homenaxeado este ano: Florencio Manuel Delgado Gurriarán. Agardamos que vos guste! #EI #EP #Conmemoración #Curso2021_2022 #EDLG #P
64 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 12 may 2022
Días das Letras Galegas 2022
No cole xa estamos a traballar o Día das Letras Galegas 2022, este ano adicado ao escritor Florencio Manuel Delgado Gurriarán e @s peques do cole preparon xa un vídeo para que o coñezades! #EI #EDLG #Conmemoración #Curso2021_2022
32 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 24 abr 2022
Un conto polo Día do Libro 2022
Os profes do Princesa tamén celebran o Día do Libro. Como podedes ver, animáronse a contar un conto para os peques! Agardamos que o desfrutedes! Gracias profes por participar nesta iniciativa! #EI #EP #Biblioteca #EDLG #Conmemoración #Curso2021_2022
49 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 23 abr 2022
Día do Libro 2022
Co gallo do Día do Libro 2022, o alumnado de Infantil e de primer ciclo de Primaria, realizou unha dramatización do libro preferido de cada aula. Agardamos que desfrutedes destas pequenas historias! INFANTIL: HISTORIAS DE RATIÑOS. 1ºA DE PRIMARIA: A CASA DA MOSCA FOSCA. 1ºB DE PRIMARIA: O PIRATA PATA DE LATA. 2ºA DE PRIMARIA: ORELLAS DE BOLBORETA. #EI #EP #EDLG #PDC #TIC #Biblioteca #Conmemoración #Curso2021_2022
46 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 12 mar 2022
Gañadores do concurso " As mulleres da nosa vida"
Aquí vos amosamos aos gañadores deste concurso promovido polo equipo de Dinamización da Lingua Galega. A pequena Leire gañou na modalidade de debuxo, Miguel na modalidade de redacción e Diego na modalidade de video. #Curso2021_2022 #EDLG #8M
103 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 23 feb 2022
Celebramos o Día de Rosalía!
Hoxe no patio do cole fixemos unha pequena romería para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, muller importantísima para o noso idioma e a nosa cultura. Nenos e nenas de moitos cursos fixeron música para que o resto do cole puideramos cantar e bailar. Deixámosvos uns anaquiños para que disfrutedes canda nós! Grazas profe Xoan Carlos e profe Fátima por organizar unha actividade tan divertida! #EI #EP #Música #EDLG #Conmemoración #Curso2021_2022
163 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 15 feb 2022
Exposición sobre as mulleres científicas
O noso cole traballa durante todo o curso en diversidade de experimentos científicos que nos divirten e sorprenden a partes iguais. Por iso, fixemos esta exposición que ademáis de lucir ben bonita nos ilustra sobre o traballo destas científicas. #ciencia #curso2021_2022 #EDLG #Donasdesi
15 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 11 feb 2022
Día Internacinal da Muller e a Nena na Ciencia II
E como non... @s peques do cole súmanse a celebración! Agardamos que lle adiquedes un anaquiño do voso tempo a este vídeo! De seguro vaivos gustar! #EI #PDC #ER #Donasdesi #Conmemoración #Ciencia #Curso2021_2022 #EDLG
40 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 11 feb 2022
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia no colexio. Todo o alumnado investigou sobre diferentes mulleres científicas que marcaron historia e sobre as pegadas que deixaron. Velaquí podedes ver un anaquiño d@s nen@s traballando en equipo. Por moitas científicas máis! En 1º estudamos a June Almeida e en equipo, decidimos facer un pequeno vídeo para presentárvola. Alumnado de 3º: Os nenos e nenas de 4º: En 5º de primaria: Alumnado de 6º: #EP #ER #PDC #
40 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 5 feb 2022
Tempo de Entroido!
Os pequechos do cole desfrutamos xa do noso Entroido!! Comezamos con tempo! #EI #Entroido #Curso2021_2022 #EDLG
75 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 4 feb 2022
SORTEO TICS DE ENTROIDO
Tralo éxito do último concurso voltamos! Ao longo deste mes poderedes enviar unha foto co voso disfraz favorito de entroido ou co traxe de cigarrón ao correo do cole: princesaverin@gmail.com Tedes de prazo ata o vindeiro 4 de marzo. Animádevos! #EI #EP #TIC #PDC #Curso2021_2022 #EDLG
38 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 30 ene 2022
Que se faga a paz!!!
Hoxe celébrase o Día da Paz e a non Violencia, e queremos celebralo con vós! Por iso, coa axuda de Manuel Carbón, que ademais de profe é mago, preparamos un truco de maxia para facervos. Poñede moita atención para que saia ben! Non vos asustedes, é moi sinxelo e seguro que vos deixa sen palabras! Animádevos a participar! Só tedes que premer no vídeo e seguir as instruccións! Gracias Manuel por axudarnos e deixarnos convertirnos en magos e magas por un día! Que se faga a Paz!!
39 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 29 ene 2022
Manualidades Día da Paz
Continuamos coa celebración do Día da Paz e da non Violencia, e queremos compartir con tod@s algunhas das manualidades que fixemos para conmemorar este día. Aquí vos deixamos un vídeo resumo! Agardamos que vos gusten! #EI #EP #PDC #ER #Conmemoración #Curso2021_2022 #EDLG
45 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 28 ene 2022
Día da Paz 2022
Os nenos e nenas do Princesa convídanvos a sacar unha foto nas nosas fermosas ás! Abride as vosas ás con nós! #EI #EP #PDC #ER #Conmemoración #Curso2021_2022 #EDLG
67 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 10 ene 2022
EXPERIMENTO CIENTÍFICO MES DE DECEMBRO
O vindeiro mes realizamos un novo experimento científico: comprobamos como se pode fretir un ovo sen lume! Para facelo precisamos alcohol. Por iso non o puidemos degustar, porque o resultado é similar, máis non serve para comer. A continuación podedes ver un resumo dos diferentes cursos. 1º 2º 3º 4º 5º 6º #EI #EP #Biblioteca #PDC #Plambe #Ciencia #Curso2021_2022 #EDLG
44 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 21 dic 2021
Postais de Nadal premiadas no 2.021
Cara o final do trimestre volvemos lanzar a proposta de elaboración de postais navideñas para o concurso do departamento de actividades extraescolares. Ademais, este ano participamos cunhas postais especiais para o Hospital de Verín en colaboración coa Asociación Española contra o cancro. A continuación podedes ver cales foron as/os gañadores. Aquí os merecidos gañadores que hoxe recibiron o seu premio. #Nadal #Curso2021_2022 #infantil #primaria #postais #EDLG
13 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 20 dic 2021
En 1ºB encántanos o Nadal!
Pasámolo bomba traballando e disfrutando ao mesmo tempo! Por eso nesta época, traballamos a lectura, a escritura, as mates, o traballo cooperativo... mediante diferentes actividades navideñas! Primeiro, apareceu na nosa aula unha trasniña, que veu do Courel a traernos mensaxes do Apalpador, a divertirse con nós e de paso, a vixiar como nos portamos para saber se nos pode traer algún agasallo. Cremos que se vai portar ben, porque todos os días nos deixaba unha chocolatina no c
72 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 20 dic 2021
Pequenos-grandes científicos
Seguimos durante este curso experimentando con pequenas cousas que intentan explicar a realidade ou acercala na medida do posible. Así foi que este mes estivemos representando a pequena escala os efectos dun volcán. Construiuse unha maqueta con materiais caseiros e cada clase foi representando a erupción dun volcán. A elección deste experimento foi debido ao interese mostrado polo alumnado polo que sucedía na Palma. #ciencia #Curso2021_2022 #volcán #experimentos #EDLG
8 visualizaciones