

CEIP Princesa de España
- 22 dic 2022
E ti, cal é o teu desexo?
Din que os desexos se cumpren e se fan realidade cando cres moito neles, por iso as alumnas e os alumnos de 6º de Primaria encheron de maxia o Nadal cos seus desexos para o vindeiro 2.023...e ti, cal pedirías? #Nadal #Curso2022_2023
90 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 21 dic 2021
FESTIVAL DE NADAL 2021
Un ano máis, estamos moi contentos de poder compartir con vos o Festival de Nadal do Princesa. Desexamos que poidades vir a vernos en directo, pero de momento non é posible, así que temos que conformarnos con facer outro Festival online. Este curso un pouco diferente, porque nel reflexamos os desexos que os peques do cole queren pedirlle ao ano que entra! Desta volta os participantes son @s alumn@s de infantil, 1º, 2º , 3º e 5ºB (Relixión Católica). Agardamos que o disfrutede
207 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 21 dic 2021
Postais de Nadal premiadas no 2.021
Cara o final do trimestre volvemos lanzar a proposta de elaboración de postais navideñas para o concurso do departamento de actividades extraescolares. Ademais, este ano participamos cunhas postais especiais para o Hospital de Verín en colaboración coa Asociación Española contra o cancro. A continuación podedes ver cales foron as/os gañadores. Aquí os merecidos gañadores que hoxe recibiron o seu premio. #Nadal #Curso2021_2022 #infantil #primaria #postais #EDLG
13 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 20 dic 2021
En 1ºB encántanos o Nadal!
Pasámolo bomba traballando e disfrutando ao mesmo tempo! Por eso nesta época, traballamos a lectura, a escritura, as mates, o traballo cooperativo... mediante diferentes actividades navideñas! Primeiro, apareceu na nosa aula unha trasniña, que veu do Courel a traernos mensaxes do Apalpador, a divertirse con nós e de paso, a vixiar como nos portamos para saber se nos pode traer algún agasallo. Cremos que se vai portar ben, porque todos os días nos deixaba unha chocolatina no c
72 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 17 dic 2021
Visita de Papá Noel
Hoxe os nosos peques tiveron unha visita moi especial! Papá Noel veu ao Princesa a coñecer ao alumnado e de paso, a recoller as cartas que prepararon os cativos para él. Esperemos que non se esqueza de nada! A continuación deixamos un mini resumo da visita! Se queredes ver máis estade atentos ao noso Calendario de Advento, no que poderedes ollar con máis detalle esta sorpresa tan agradable! #EI #1ºEP #2ºEP #3ºEP #Curso2021_2022 #Nadal
113 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 4 dic 2021
Estamos abertos!
Hoxe sábado estamos na Feira de Nadal do Concello de Verín vendendo os adornos elaborados artesanalmente e con moito agarimo polo noso alumnado! Esperámosvos a tod@s!! Xa se están agotando! #EI #EP #Nadal #FeiraDeNadal #Curso2021_2022
136 visualizaciones

CEIP Princesa de España
- 2 dic 2021
Calendario de Advento!
Comeza o mes de decembro! un mes especial e cheo de ilusión! Todos os anos preparamos un adorno navideño para axudar aos compañeiros e compañeiras de sexto na súa excursión de fin de etapa. O COVID fíxonos deixar de facelo o pasado ano, pero este querémolo retomar, e faremos os adornos para colaborar cunha gran festa de Fin de Curso! Venderémolos o vindeiro sábado na Feira de Nadal! Agardamos que nos veñades facer unha visita! E para abrir boca, deixámosvos un calendario de
132 visualizaciones

CEIP Princesa de España
- 12 ene 2021
Sorpresa baixo a árbore do cole!
As pequenas e pequenos de infantil tiveron unha grande sorpresa cando entraron esta mañá no cole!! Qué alegría, había dous agasallos baixo a nosa árbore de Nadal... qué ben!!! #EI #Curso2020_2021 #Nadal
10 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 22 dic 2020
Fin do primeiro trimestre
Remata xa este primeiro trimestre no que cheos de dúbidas, inseguridade e temor ante a situación real de pandemia que nos rodea, superamos con éxito, grazas á responsabilidade de tod@s. Vémonos coas pilas ben cargadas en xaneiro, o día 8 no mesmo horario actual. Agardamos que o 2.021 chegue con saúde e bos propósitos. Felices vacacións!! #Nadal #Curso2020_2021
111 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 22 dic 2020
Postais de concurso no Princesa
Todolos anos facemos un concurso de Postais, velaquí o vídeo deste curso. Agardamos vos guste. #postais #Nadal #Curso2020_2021
27 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 22 dic 2020
FESTIVAL DE NADAL 2020
Este fin de trimestre está a ser ben raro! Non podemos xuntarnos...pero seguimos a ter ganas de celebrar, de festexar, de rir e disfrutar no cole, por iso decidimos facer un festival algo diferente... con moitas ganas e esforzo! Agardamos que disfrutedes tanto del, como nós desfrutamos facéndoo. Aproveitamos para desexarvos felices festas a tod@s! e que, aínda con moito sentidiño, disfrutedes nestas datas especiais! #EI #EP #Curso2020_2021 #Festival #EACE #Conmemoración #Nada
271 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 27 ene 2020
Qué pedimos polo Nadal?
A semana antes das vacacións de Nadal , as nenas e nenos de educación infantil estivemos preparando un bonito mural sobre o que nos gustaría pedirlle a Papá Noel, os Reis ou ó Apalpador. Denos por pensar se os xoguetes poden ser de nenos e nenas...e ó final decidimos que os xoguetes son de todos e todas!!! #Curso2019_2020 #EI #NADAL
7 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 9 ene 2020
Festival de Nadal 2019
Os días 19 e 20 de decembro celebrouse o festival de Nadal. O xoves acudiron ás familias e o venres foi a quenda do alumnado. Todos/as puidemos desfrutar das actuacións do alumnado de Educación Infantil e 1º, 3º e 5º de Educación Primaria. Ademais contamos coa actuación dalgúns nenos e nenas de 5º e 6º que acoden a aula de Relixión Evanxélica. Aquí vos deixamos o vídeo completo do festival de Nadal. #Nadal #Festival #EI #1ºEP #3ºEP #5ºEP #RelixiónEvanxélica #Curso2019_2020
45 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 8 ene 2020
No Princesa tamén hai Reis
Hoxe pasamos unha mañá emocionante. Chegamos das vacacións de Nadal e, para a nosa sorpresa, a entrada do colexio, onde temos a árbore de Nadal, estaba chea de agasallos. Uns eran grandes, outros máis pequenos... pero todos eles eran para os alumnos e alumnas do Princesa, porque ademais de estudar e traballar, aprendemos xogando!! Como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí tedes as fotos para comprobalo! #Agasallos #Nadal #EI #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #Curso20
62 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 3 ene 2020
Comezan as vacacións de Nadal!
E como non todo vai ser traballar... toca facer unha pequena festa para empezar con bo pé as vacacións de Nadal. Felices Festas!!!! #6ºB #Nadal #Curso2019_2020
1 visualización



CEIP Princesa de España
- 30 dic 2019
A carta ao Apalpador
Nestas datas próximas ao Nadal, os nenos e nenas prepararon as súas cartas para o Apalpador. Alumnado de 1º EP: Os cativos e cativas de 3ºB: Rapaces e rapazas de 4ºA: Nenas e nenos de 4ºB: Alumnado de 5ºA: Nenas e nenos de 5ºB: Alumnos e alumnas de 6ºB: #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #EDLG #Nadal #Apalpador #Curso2019_2020
5 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 30 dic 2019
Decoración de Nadal
Chegou o mes de decembro... ...e xa respiramos ambiente de Nadal no colexio. Todos os cursos prepararon unha fermosa decoración para engalanar as diferentes estancias do centro. Aquí vos deixamos os murais e os adornos que realizaron os nenos e nenas á espera da chegada de Papá Noel e os Reis Magos! #Decoración #Manualidades #Nadal #Curso2019_2020
8 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 24 dic 2019
Colorín colorado... rematou o 1º trimestre
O último día do trimestre, o alumnado de 6ºA quixo sorprender á mestra Jessy cunha divertida festa. Ademais, aproveitaron a ocasión para abrir os agasallos do amig@ invisible. #6ºA #Nadal #CohesiónGrupo #Emocións #AmigxInvisible #Curso2019_2020
1 visualización



CEIP Princesa de España
- 24 dic 2019
Festa final de trimestre
Neste primeiro trimestre esforzámonos moito coa lectura, coa numeración... pero seguimos sendo un equipo que desfrutamos xunt@s. Por iso, a profe Eva e a profe Laura organizaron unha festa para desexarnos unhas felices vacacións e unha bonita entrada no novo ano 2020. Felices Festas de parte do equipo docente de 1ºEP!!!!! #1ºEP #Nadal #Curso2019_2020
3 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 23 dic 2019
Postais de Nadal
O EDLG propuxo un concurso de postais navideñas a todo o alumnado. Aquí podedes ver as postais entregadas: As postais gañadoras foron impresas e forman parte das felicitacións de Nadal do centro. - Educación Infantil: - 1º ciclo de Educación Primaria: - 2º ciclo de Educación Primaria: - 3º ciclo de Educación Primaria: BO NADAL E FELIZ ANINOVO! #Postais #Felicitacións #Nadal #Curso2019_2020
7 visualizaciones