


CEIP Princesa de España
- 20 dic 2021
Pequenos-grandes científicos
Seguimos durante este curso experimentando con pequenas cousas que intentan explicar a realidade ou acercala na medida do posible. Así foi que este mes estivemos representando a pequena escala os efectos dun volcán. Construiuse unha maqueta con materiais caseiros e cada clase foi representando a erupción dun volcán. A elección deste experimento foi debido ao interese mostrado polo alumnado polo que sucedía na Palma. #ciencia #Curso2021_2022 #volcán #experimentos #EDLG
8 visualizaciones



CEIP Princesa de España
- 24 feb 2021
Experimentos científicos e premiados na investigación.
Agora toca o turno dos premiados e o resto de nen@s que participaron na búsqueda de pegadas na biblioteca ademáis de demostrar que poder máxico ten o xabrón. Premiados da investigación Pequen@s de 1º A Alumnas e alumnos de 5º A #Curso2020_2021 #1ºEP #4ºB #5ºA #experimentos #ciencia
52 visualizaciones


Tics
- 11 nov 2019
Experimentos en 3º B
@s alumn@s de 3º B fixemos un experimento en clase. Elaboramos unha guerra gaseosa algo explosiva e foi moi divertido ademáis de que o pasamos moi ben e aprendemos un montón sobre a ciencia. #Curso2019_2020 #Experimentos #CienciasNaturais
5 visualizaciones


Tics
- 13 oct 2019
Preciencia en galego
Xa levamos tres experimentos e quedan moitos por facer este curso. Os pequenos están moi motivados! Ao mesmo tempo que nos achegamos ao método científico de investigación tamén traballamos a lectura comprensiva e a expresión escrita en galego. Para o Samaín xa estamos a darlle voltas a un experimento pantasmagórico... Verémolo por aquí moi pronto! #Experimentos #ciencia #4ºB #Curso2019_2020
28 visualizaciones


Tics
- 21 jun 2019
Experimento sobre a densidade
Para falar sobre a densidade en Ciencias Naturais en 5°B, fixemos algúns experimentos que nos axudaron a entender iso da masa e o volume da materia. Isto dalgunha forma nos axudou a comprender a razón de por qué algúns corpos flotan e outros non na auga. #CienciasNaturais #Experimentos
0 visualizaciones


Tics
- 7 feb 2019
Na clase de 5 anos facemos experimentos
Como estos días as temperaturas son moi baixas...na clase de 5 anos fixemos un experimento. Por equipos, mesturamos auga con un chisco de colorante alimenticio das cores dos equipos: verde, azul, amarelo, laranxa e vermello.Despois pousámolo na fiestra da clase e pola mañá levamos unha sorpresa cando vimos os resultados. #Experimentos
11 visualizaciones