Buscar


CEIP Princesa de España
- 10 jun
CONVIVENCIA EN TINTORES 2022
Hoxe o alumando do centro puido voltar a disfrutar da convivencia en Tintores! Alumn@s e persoal do centro desplazámonos a veiga do río para xogar, aprender, divertirnos e pasar un día cheo de sorpresas! #EI #EP #PDC #EAEC #ER #Convivencia #Curso2021_2022
119 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 8 abr
Celebrando o Día do Pobo Xitano
Hoxe celebramos no cole o Día do Pobbo Xitano, un día con moito valor para todo o noso alumnado. Ao longo da mañá realizamos diferentes actividades para aprender un pouco máis dos nosos amigos e amigas. O alumnado de sexto explicou ao resto d@s alumn@s do cole a historia da Bandeira do Pobo Xitano, os seus costumes e tradicións e tamén presentaron a diferentes personas que marcaron historia. Todo o centro disfrutou tamén dunha actuación moi especial: unha canción tradicional,
154 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 30 mar
Día das árbores en Cabreiroá
As nenas e nenos de 5º de primaria o venres pasado tivemos a sorte de participar nunha saída a Cabreiroá con motivo da conmemoración do Día Internacionanal dos Bosques. Contamos coa axuda dun axente forestal que lles explicou a grande variedade de árbores da contorna. #5ºEP #convivencia #cabreiroá #Curso2021_2022
74 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 25 mar
SAÍDA DE PRIMEIRO AO ENTORNO
Hoxe os nenos e nenas de primeiro B saímos ao noso entorno en Verín, para investigar a materia da que están feitas as cousas que nos arrodean. Aproveitamos tamén para coñecer lugares destacados como a Biblioteca ou a Praza García Barbón e de paso, facer unha pequena compra na que osgañizarnos co diñeiro. Toda unha experiencia! Como nos gusta aprender xogando! Agardamos que disfrutedes con este resumo que avisamos, ten unha sorpresa ao final! #1ºEP #ER #Convivencia #Excursión
81 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 19 feb
Coidamos o noso cole!
Ao longo deste curso o alumnado do cole participa en varios proxectos comúns; un deles é poñer máis bonito o noso cole. Para iso cativ@s, profes e conserxe póñense mans á obra un venres cada tres semanas para pintar, decorar, plantar... Non falta esforzo, pero tampouco risas por compartir momentos xuntos para poñer máis bonito un lugar no que pasamos tantas horas e momentos das nosas vidas! Aquí deixamos un vídeo resumo deses anaquiños! Boa finde! #EI #EP #PDC #Convivencia #
40 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 30 nov 2020
Estudando a natureza
@s nen@s de 4ºA estamos a traballar os seres vivos, e como o venres fixo moi bo día, decidimos investigalos en directo polo Paseo do Pracer. Aprendimos sobre as plantas e árbores da nosa contorna, e tamén sobre algúns animais. Aproveitamos para merendar e xogar no parque da veiga de Pazos. Fixo un día estupendo, convivimos, aprendimos, xogamos e disfrutamos xunt@s! Ogallá podamos voltar pronto! #EP #4ºEP #Convivencia #Curso2020_2021
107 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 25 nov 2020
Todos somos iguais!
Os PT e AL do noso cole, cos seus peques, tamén traballan para acadar a igualdade! Neste caso cun mural no que rexeitan todo tipo de violencia e defenden o respecto e a liberdade. #EI #EP #AL #PT #ER #Convivencia #Conmemoración #Curso2020_2021
33 visualizaciones


CEIP Princesa de España
- 25 nov 2020
Conto e recetiñas de 3º
@s nen@s de 3º puxemos a traballar o maxín para conmemorar o Día da Non Violencia de Xénero. En 3ºA elaboramos un conto sobre Antón, un neno que se muda dunha cidade a un pobo onde a vida, os costumes e os xogos son moi diferentes ao que Antón está acostumado. @s nen@s de 3ºB deseñamos un receitario para eliminar a violencia de xénero e fomentar a igualdade. É moi sinxelo poñelo en práctica! #EI #EP #ER #Convivencia #Conmemoración #Curso2020_2021 #3ºA #3ºB
43 visualizaciones

Tics
- 28 jun 2019
Os retos de Mafalda
Mafi, a nosa mascota de convivencia en 5°B nos trouxo o reto de crear frases de forma creativa e orixinal para ter máis motivación, mellorar a autoestima e resolver pacíficamente os conflitos. E este foi o resultado investigando antes na rede sobre técnicas de escritura creativa con lettering e buscando tamén frases que fosen do noso interese. Esperamos que vos resulten bonitas! #Convivencia #TEI
5 visualizaciones

Tics
- 3 may 2019
Dinámica para fortalecer o clima de aula
O alumnado de 6°B participou nunha actividade que consistíu en escribir en posits diferentes adxectivos calificativos dirixidos ós seus compañeiros e compañeiras de clase para logo ir enchendo a cada un/ha dos mesmos. E como todos e todas sempre temos algo bo que dicir, este foi o resultado. Moitos sorrisos e bos momentos que deixaron pegada. #Convivencia
10 visualizaciones