Fomento da lectura

Curso 2017-2018

Como xa sabedes a lectura é unha aprendizaxe moi importante para os nenos e nenas. Coa lectura conseguimos estimular a imaxinación, a creatividade e a diversión. Estas son as grandes ferramentas para o desenvolvemento e a educación. Por iso é moi importante que desde todos os ámbitos fomentemos na medida do posible o uso da lectura. Desde o colexio empregamos diferentes recursos e estratexias para conseguir fomentar a lectura de forma máis amena.