Contacontos

Ao longo do curso, tratando de motivar e incentivar ao alumnado propuxemos diferentes contacontos entre os diferentes niveis. Actividade coa que tanto disfrutan e que favorece o gusto pola lectura e o interese polos contos no marabilloso mundo da lectura. ​ 

  • "A cebra Camila" de Marisa Núñez.

  • Intercentro

Desde a biblioteca do IES Taboada Chivite propuñexon a lectura de "O lapis máxico de Malala" aos nenos e nenas de 6º EP.

O IES Taboada Chivite regresou outro día, co alumnado de 2º de bacharelato para realizar o contacontos de "A galiña azul" aos nenos e nenas de 1º EP.

  • Outras colaboracións

As rapazas e rapaces da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín viñeron a contarlle aos alumnos e alumnas de Educación Infantil o conto "O monstro de cores" e realizaron diversas actividades con eles.

Pistas para adiviñar contos

Temos pistas espalladas por todo o cole coas cales os pequenos teñen que adiviñar o título do conto do que se trata.