Receita de biscoito de noces e chocolate

November 7, 2019

Na aula de Audición e Linguaxe traballamos con diferentes metodoloxías. Nesta sesión, concluimos o noso proxecto converténdonos en cociñeiras e cociñeiro.

Un dos intereses das nenas e do neno é a cociña. Recordan con moito cariño como facían galletas coa profe Silvia. Polo que nesta ocasión aproveitamos para facer un biscoito. 

Os biscoitos feitos en casa son a mellor opción canto nos apetece un doce, as alternativas ultra procesadas que encontramos na bollería industrial deberíamos reducilas para o beneficio das máis pequenas e pequenos da casa. Ademais de contribuir ao medio ambiente ao non mercar produtos envasados en plástico.

Os ingredientes que acompañaron o biscoito foron os froitos secos, xa que a profe Sofía sempre lles fala do saudable que é comelos ao ser un alimento que contén moitos nutrientes e sabendo que á profe Ana lle encanta o chocolate e é unha fonte de enerxía que a todos nos gusta.

Xa veredes o ben que o pasamos!!!!

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas
Entradas recientes

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

November 18, 2019

November 18, 2019

November 13, 2019

November 11, 2019

November 7, 2019

November 6, 2019