Día das Bibliotecas Escolares

November 4, 2019

O xoves 24 de outubro quixemos inaugurar a nosa biblioteca escolar despois de moitas horas de limpeza e orde xa que as obras do verán deixaron todo feito un desastre.

As 14 horas soou un “timbre tolo” e nas clases puxémonos a ler ata rematar a sesión de mañá. Namentres iso pasaba, as voluntarias de 6º por parellas, pasaron por todas as clases de primaria lendo un poema de Lorena Álvarez Martínez. Lorena naceu nunha aldea cerca de Verín, Medeiros. Foi cooperante en distintos lugares do mundo e o poema trata de Craia, unha localidade de Rumanía cun gran poboado xitano onde ela foi ensinar a ler a moitos nenos e nenas.

Quixemos presentar así o fundamento da nosa biblioteca escolar para este curso: A paixón pola lectura, dar visibilidade  ao traballo das mulleres do entorno e a achega a actitudes de solidariedade para unha sociedade mais xusta e igualitaria. Todo ilo en consonancia co lema proposto desde a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos “Biblioteca escolar: Viveiro de cidadanía”.

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas
Entradas recientes

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

November 18, 2019

November 18, 2019

November 13, 2019

November 11, 2019