Excursión a Lodoselo

May 10, 2019

O día 8 de maio os máis cativos do cole viaxamos ao centro de desenvolvemento rural O Viso en Lodoselo (Sarreaus). 

 

Foi un día cheo de experiencias:

 

- Fixemos pan no forno comunitario. 

- Demos un paseo en carro tirado por un burro de nome "Fariñeiro”.

 

- Escoitamos un conto e plantamos unha planta.

 

 - Démoslle de comer ás ovellas e ata collemos unha en brazos, chámase "Sempre”.

Vimos coellos, pitas... e acariciamos uns pitiños recén nacidos. 

 

- Pasamos calor dentro do invernadoiro e aínda nos sobrou un pouco de tempo para xogar no parque.