Semana do libro no Princesa

April 28, 2019

Co gallo da celebración do Día do Libro (día 23 de abril) durante toda a semana realizamos a nosa particular Semana do Libro no Princesa, con actividades dirixidas a todo o noso alumnado. 

 

VISITA DO ALUMNADO DO 

IES XESÚS TABOADA CHIVITE

 

Durante a mañá dos días 23 e 24, e en colaboración co Equipo de Biblioteca do IES Xesús Taboada Chivite, o alumnado do noso centro (desde Educación Infantil ata sexto de primaria) recibiu a visita de varias alumnas para compartir a lectura de diferentes libros:

 

-   Educación Infantil: “Pouquiño a pouquiño”.

 

- Primeiro e segundo E.P.: “O día que os crayonsrenunciaron”. 

 

-   Terceiro e cuarto: “Cando as nenas voan alto”. 

 

-   Quinto e sexto: “Biografía de Malala Yousazfai”. 

 

Ao rematar, cada grupo realizou diferentes actividades a partir destas lecturas e os valores que trasmiten: igualdade, loita contra os estereotipos, esforzo individual e colectivo, loita contra as inxustizas, etc. 

 

 

 

 

 

 

 

 

HORA DE LER

 

Cada titoría traballou ao redor do poema cedido por Marilar Alexandre no que a autora convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 

 

(Martes 23)

 

O alumnado que visitou a bibliotea disfrutou da lectura do seu libro desexado nun ambiente relaxado e tranquilo. 

 

“A HISTORIA MÁIS INCRIBLE XAMAIS CONTADA”

 

(Mércores 24, Xoves 25 e Venres 26)

 

O alumnado de Educación Primaria dividido en tres grupos (1-2, 3-4 e 5-6) tivo a misión de crear un conto a partir dun xogo de naipes. A dinámica consistiu en levantar 6 cartas por grupo e crear a historia a partir de: personaxes principais, personaxes secundarias, anti heroes, lugares e obxectos. 

 

ANIMACIÓN - “A FÓRMULA DAS EMOCIÓNS”

 

(Venres 26)

 

O alumnado de primeiro e segundo de educación primaria pechou a nosa semana o venres día 26. Os nenos e nenas dos profes Manolo, José Carlos e Montse disfrutaron da animación a cargo da Doutora Elisa Maneiro, especialista en educación emocional. A doutora desenrolou unha historia interactiva para que os nenos e nenas enfrontasen e xestionasen as emocións. 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas
Entradas recientes

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

November 13, 2019

November 11, 2019

November 7, 2019

November 6, 2019