Día da Muller

April 2, 2019

 

A actividade do 8 de marzo foi un éxito de participación. Co gallo do día da muller as diferentes titorías e profesores especialistas da escola elabroraron carteis con información de mulleres relevantes ao longo da historia.
Unha vez feito esto empezamos o xogo. Dividimos a clase en grupos de 4 ou 5 persoas  e comezamos a  facer unha pequena actividade de búsqueda de información pola escola.
A actividade comeza cunha pequena adiviña. O equipo que contestara correctamente a adiviña recibirá a primeira pista e poderá iniciar a búsqueda.


Adiviña:
Un pai e un fillo viaxan en coche. Teñen un accidente grave, o pai morre e o fillo é trasladado a un hospital porque necesita unha complexa operación de emerxencia. Chaman a unha eminencia médica, pero cando chega e ve ó paciente, di: "Non podo operalo, é o meu fillo". Cómo se explica esto?
Resposta: A eminencia médica é unha muller

Cada vez que un grupo atopaba a resposta correcta recibía unha peza do crebacabezas. Cando conseguían todas as pezas do crebacabezas tiñan que montalo. Unha vez montado o crebacabezas era a hora de falar sobre a imaxe que aparecía no crebacabezas e pensar sobre o moito que temos que aprender para que a sociedade sexa máis xusta e igualitaria.

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas
Entradas recientes

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

November 13, 2019

November 11, 2019

November 7, 2019

November 6, 2019