A importancia do almorzo

March 19, 2019

O noso cole está moi concienciado da importancia de que todos nos alimentemos ben, adultos e cativos. Por iso ao longo do curso foron varias as actividades adicadas ao tratamento deste tema. Nós os nenos e nenas de  terceiro e cuarto poidemos disfrutar dunha actividade moi interesante que tivo lugar na biblioteca do noso centro. Veu da mán dunha licenciada en farmacia que nos fixo fincapé en cousas que xa sabíamos e nos deu a coñecer outras novas a cerca da alimentación e da nutrición. Ensinounos a diferenciar entre alimentarse e nutrirse, recordounos que alimentos debemos consumir e cales debemos evitar… e tamén nos trouxo a roda dos alimentos pero… como nós xa eramos coñecedores da Pirámide alimenticia por outras actividades desenvolvidas sobre o tema, quedou abraida con todo o noso coñecemento!

A verdade é que durante este curso foron moitos os coñecementos que adquirimos para levar a cabo unha dieta sa e equilibrada. Agora só falta poñela en práctica!!

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas
Entradas recientes

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

November 13, 2019

November 11, 2019

November 7, 2019

November 6, 2019