Carreira de campo a través en Tintores

February 16, 2019

O xoves, 14 de febreiro, un grupo de nenas e nenos de 2º a 6º EP participou na competición de campo a través, organizada pola Agrupación Deportiva Monterrei en Tintores. Na proba participaron outras nenas e nenos dos centros educativos da comarca de Verín. 

Foi un día marcado polo deporte e a convivencia, no que o alumnado foi o principal protagonista desta xornada deportiva.