Día Escolar da Non Violencia e a Paz

February 7, 2019

No noso colexio traballamos todos os días para que as relacións entre todos/as sexan cordiais e respéctuosas. Tratamos de crear un ambiente de harmonía baseado na colaboración, o compañeirismo, a solidaridade e a tolerancia. Pero, dun xeito moi especial, quixemos deixar todo isto reflectido no Día da Paz, por iso, ao longo do día fixemos varias actividades nas que deixamos patente que nós traballamos pola consecución da PAZ. Un neno/a de cada aula, en presenza de todos os membros do colexio, “rompeu” unha palabra coa que estaba en desacordo (inimigo, pelexa, inxustiza…). Despois, uns representantes do 6º curso de EP leron un manifesto pola PAZ. E xa para rematar, e tras o visionado dunha curta que nos removeu a todos/as a conciencia en favor da consecución do repecto aos demais e a empatía, cantamos todos xuntos o himno do colexio, un himno pola PAZ.

 

 

 

"MANIFESTO DA NON VIOLENCIA E DA PAZ"

A violencia permanece entre nós invisible ata que, de súpeto, estala causando danos que ás veces non se poden reparar. A violencia é irracional, o seu obxectivo é destruír e desde logo é mellor previla que curala.

En nós está a solución , por iso debemos reflexionar entre todos e todas como podemos detectar e destruíla violencia sempre dun xeito pacífico.

Unha educación libre de violencia é un requisito incuestionable na nosa sociedade : as nosas clases non poden ser lugares onde o alumnado se sinta inseguro, os contidos didácticos teñen que estar libres de ideas que apoien ou xustifiquen a violencia, os centros educativos non deben ser obxectivo de ataques e a convivencia escolar non debe ser fonte de estrés, angustia ou inquedanza para nós os alumnos, o profesorado e toda a familia educativa.

Non é posible unha escola libre de violencia nunha cultura violenta e para lograr unha sociedade respectuosa da paz e da convivencia, a educación, a escola, a nosa escola é clave.

Oxalá acabar coa violencia fose tan sinxelo como facer unha conta matemática, pero non hai unha fórmula única e universal para construír a paz, senón que son os conflitos aos que nos enfrontamos cada día os que poñen a proba a nosa capacidade para  aprender e vivir en paz.

Se prestamos atención ao noso arredor no colexio, poderemos atallar situacións de bullying antes de que se convertan nun problema. A clave é ter unha boa actitude para poder actuar: Debemos prestar atención a:

- A maneira de falar: Non debemos pemitir desvalorizar, degradar ou deshumanizar a outros dentro da escola (as rapazas, a comunidade xitana, a comunidade inmigrante, o colectivo LGBTI, os cativos e as cativas …)

- O uso de estereotipos despectivos cara outros grupos e os prexuízos.

-  As burlas e as bromas de mal gusto.

- A acusación a vítimas propiciatorias ou "cabezas de turco".

- A discriminación nas actividades e os xogos.

-  O "facer o baleiro" ou a mofa.

A ningúne de nós nos gusta que nos traten mal, por iso debemos tratar as demáis persoas do mesmo xeito que nos gustaría que nos trataran a nós.

A imaxe tradicional que temos da violencia é a violencia física, visible e cruenta. É o tipo de violencia que asociamos ás pelexas, ás guerras ou aos malos tratos. Non obstante, ás veces, as raíces destas agresións están en formas de violencia invisibles, culturais e aceptadas socialmente nas aulas que son o caldo de cultivo para estoupidos de violencia física. Un exemplo, cada vez máis recoñecido pola sociedade, é o da violencia de xénero, que está culturalmente ligada á discriminación contra a muller. Todos somos iguais, nenos e nenas, non temos diferentes capacidades, actitudes, opcións, posibilidades e dereitos, calquera cal sexa o seu sexo, relixión, ideoloxía, cor de pel ou orientación TODOS SOMOS IGUAIS.

A Convención sobre os Dereitos do Neno recoñece que todos os nenos e nenas teñen dereito a estar libres de calquera forma de violencia. Este dereito supón unha serie de obrigas para os adultos no seu trato diario coa infancia e tamén unha responsabilidade para os propios nenos e nenas. Educar nesta responsabilidade é un requisito da Educación en Dereitos de Infancia e Cidadanía Global e, para os centros educativos, supón unha dobre tarefa: por un lado, a obriga legal de que as escolas sexan lugares libres de violencia e riscos para a infancia, por outro, a responsabilidade de promover modelos de convivencia que fomenten a paz entre todos nós.

Dende o colexio Pincesa de España traballamos a violencia nas aulas a través do progama TEI (Titorías entre iguais) un método que para evitar malentendidos no que un alumnno maior  titoriza e negocia nos conflictos que ten o seu titorizado( polo xeral de menor idade).Deste  xeito nós os maiores do colexio fomentamos a non violencia nas aulas  e así podemos axudar na educación dos mais pequenos, para que todos podamos e cheguemos ser persoas que:

- Defenden os seus dereitos recoñecendo os dereitos doutros.

- Persoas que se respéctanse a si mesmas e a outras.

- Que escoitan o que outros teñen que dicir, aínda que non o compartan.

- Que saben separar a persoa do problema e ademáis non culpan a outros.

Para finalizar soamente dicir que esperamos que chegue pronto o día no que todos e todas entendamos que non debería ser un sono , senon una realidade . Que temos que loitar por conseguir a paz e defendela , a través de actos sinxelos que todos os días se nos presentan na nosa vida cotía.

 

 

 



 

 

 

 

Share on Facebook
Share on Twitter
Please reload

Entradas destacadas
Entradas recientes

I'm busy working on my blog posts. Watch this space!

Please reload

December 2, 2019

December 2, 2019

December 2, 2019