top of page
ROTEIROS POR VERÍN
Roteiros por Verín xurde a raíz da necesidade de dar a coñecer a nosa comarca debido a gran cantidade de xente que chega nova ao Colexio.
Dunha banda, temos o profesorado que chega novo ao centro, e por outra, temos o alumnado novo que ven doutra localidade, provincia, comunidade ou país.
A maiores tivemos en conta, que moitos dos nosos alumnos non coñecen moitos dos sitios de interese turístico que temos no val de Verín e nos arredores.
A primeira fase deste proxecto consta da búsqueda de lugares de interese turístico dentro da nosa comarca, así como a pescuda de información sobre estes lugares. Para que quede reflectida a nosa intención, elaboramos un tríptico onde se recollen os lugares de interese turístico, cunha pequena explicación.
A principio de curso entregarase un tríptico a todos os mestres que cheguen novos ó centro, así como a todas as familias que matriculen os nenos no noso centro ó longo do curso.
Este foi o resultado, pincha aquí
A maiores de estas actividades de busqueda de información sobre os lugares de interese, o longo do curso faremos varias visitas a ditos lugares.
- Visita o Castelo de Monterrei: fomos andando polo Camiño Real
- Visita a Biblioteca Municipal de Verín: programada para o mes de abril
- Visita a Fonte de Cabreiroa: esta programada para o mes de xuño
bottom of page