A nosa bitácora

  • Tics

Xa temos nome en LSE!


Xa sabedes que no colexio falamos en lingua de signos. Os nenos e nenas de infantil eran os únicos que non tiñan un signo propio.

Carolina preguntoulles cales eran os seus gustos: Que animal che gusta máis? Cal é a túa cor preferida???... Respostas que axudaron a poñer un signo a cada alumno e alumna. A partir de agora imos a coñecelos da seguinte forma:

A Abraham encántanlle os gatos e a Anxo os cans.

A Anuar gústalle xogar coas motos e a Carmen comer noces.

A Brayan gústalle nadar e a Iago os seus rizos.

A Tatiana gústanlle os dinosaurios e a Isaque os monstruos.

Sarayma sempre xoga coas muñecas e Alex cun coche de cor azul.


@s peques están moi ilusionados con ter un signo en LSE!

Mans que falan, comunican, ensinan e aprenden.

#4ºEI #LSE #Curso2019_2020