top of page

A nosa bitácora

Foto del escritorCEIP Princesa de España

Vídeo-historias en 5 minutos



SEMANAL SOBRE IGUALDADE

O alumnado de 4ºA e 4ºB do curso 2019/20 participou no Club de Letras coa elaboración dun semanal sobre a igualdade que o Covid interrumpiu e agora rematamos.

Achegámos ao traballo das mulleres de Verín en distintos ámbitos e así:

-interiorizamos as posibilidades das mulleres no mundo laboral,

-valoramos a dobre xornada que fan as nais e traballadoras,

-aprendimos que podemos ter oficios sen que existan precedentes na nosa familia,

-a importancia de aprender sempre, de motivarnos e esforzarnos,

-e o amor pola lectura.

Grazas a todas as mulleres que colaboraron desinteresadamente neste proxecto. Agardamos que nuns anos as nosas alumnas veñan contarnos os seus oficios tamén.



Comezamos con Lorena Álvarez, colaboradora en Ong, psicóloga do Cim e escritora co seu poemario Avelaíña.



Continuamos con Begoña Vázquez, cociñeira nos restaurantes Regueiro da Cova e Souto das Candeas de Verín.



Tamén temos un vídeo de Aurora Prieto, traballadora da Biblioteca Municipal de Verín, que esta a recibir numerosos premios por ser unha das mellores bibliotecas de España.




A continuación, podemos coñecer a Sara Campo, matrona no hospital de Verín.



Carmen Sola, médico de familia no Ambulatorio de Verín, tamén nos deixa coñecela!




Volvendo ao mundo das artes, atopámonos con Aurora López, ilustradora e pintora.



Begoña Alonso, avogada en CIG Verín, cóntanos un anaco da súa experiencia.


コメント


bottom of page