A nosa bitácora

  • CEIP Princesa de España

Un semáfoto na clase!

Para traballar a Educación Responsable os nenos e nenas de 4 anos fixemos un semáforo do autocontrol para colocar na clase e telo presente no noso día a día. En primeiro lugar reflexionamos sobre o que significan as cores do semáforo. A cor vermella indica que temos que parar porque estamos a comportarnos de forma indebida (falando mal a un compañeiro, desobedecendo...). A cor amarela dinos que temos que reflexionar sobre o feito para poder chegar á cor verde na que poremos en práctica as actuacións cas mellores alternativas.


#EI #ER #EducaciónEmocional #Curso2019_2020