CEIP Princesa de España
Tintores: A carreira de campo a través
Hoxe, moitas nenas e nenos dos diferentes centros da comarca participaron na xornada de Deporte Escolar organizada pola Agrupación Deportiva Monterrei en Tintores.
A proba de campo a través está enmarcada dentro do noso Programa Deportivo de Centro (PDC), e forma parte da campaña lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar). Actividade que promociona a Xunta de Galicia, coa finalidade de fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde idades temperás.
Unha xornada coa que fomentar a práctica deportiva e saudable ao noso alumnado, na que a convivencia foi o mellor premio.
Ao longo das vindeiras semanas, todas as nenas e nenos participantes na carreira a través levarán o trofeo a súa casa para poder compartir coas súas familias a experiencia da práctica deportiva.
#3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #PDC19_20 #lectivofóra #Xogade #Curso2019_2020