A nosa bitácora

  • CEIP Princesa de España

Semana terrorífica en 1º

En 1º b somos cativos, pero moi valientes! Por iso esta semana, ademais de traballar moito, adicamos todos os días un anaquiño a preparar o Samaín. Ímosvos mostrar...

O luns e o martes, xa que a nosa é a Aula Pirata do cole, fixemos un atuendo de piratas terroríficos...



O mércores uns vampiros atrapáronnos no cole... Scape Room!!! Tivemos que ler moito para conseguir resolver todas as pistas a tempo... pero CONSEGUÍMOLO!!!



O xoves adicámonos a elaborar unha receita de biscoito de Samaín (e chocolate), a catala e levar un pedaciño para casa, e a escribir a receita para poder facela coas familias!



E por último hoxe, que finalizamos a semana facendo unha manualidade e un baile de disfraces de moito moito medo cos compis de 1ºA!!






#1ºEP #EducacionEmocional #Conmemoración #Curso2021_2022