- CEIP Princesa de España
Proxectos de 6º A
Esmeralda realizou dúas actividades ben chulas. A primeira consiste en buscar unha noticia cada semana e completar unha plantilla coas que lle pareceron importantes ou curiosas. Estas son as imaxes que nos enviou.
A segunda das actividades é de ciencias naturais. Explícanos en que consisten os cinco reinos a través de imaxes e un vídeo.
Esperamos que vos guste e vos animedes a participar!


