top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Proposta tarefas para o alumnado de 3ºA

Boas nenos!

Como vai todo? Seguro que agora que podedes saír a respirar, todo resulta un pouquiño máis doado! Pois agora pensade, que as cousas só poden ir a mellor... aínda que vaian a modiño...

Esta semana traio tarefas un pouco distintas. Por favor, facédeas con boli (borrable se pode ser), porque cando me mandades as fotos, co lapis casi non vexo nada! A ver que vos parecen:


1. Xogo de repaso de multiplicacións con spinner. É moi sinxelo: tedes que poñer a funcionar un spinner e ver cantas multiplicacións resolvedes mentres non pare. Podedes facelo dous días diferentes, para ver se aumentades a velocidade. Non fai falla que as fagades escritas, pero non fagades trampa! Intentade anotar a data e o número de multiplicacións que vos deu tempo a facer. Senón tedes spinner, podédelo substituír por calquera outra cousa que se vos ocorra, como por exemplo, unha moeda.

Para descargar a ficha clicade a continuación: Ficha 1


2. Caderno de repaso de lingua. Con actividades "requetechupadas". Pero, ao rematar, se vos atrevedes, traio outro cun par de cousiñas para aprender un pouco, moi doadas de facer... intentádeo!!

Para descargar as tarefas premede enriba das fichas: Ficha 1 - Ficha 2


3. Do mesmo xeito, deixo unha ficha de repaso de sociais, e un resumo dun tema novo con dúas actividades (voluntarias).

Para descargar as tarefas clicade enriba das fichas: Ficha 1 - Ficha 2


4. Por último, teño unha proposta para vós: Encantaríame que escribirades cada día (só unha ou dúas liñas) o máis  divertido que fixestes ese día de confinamiento. Se ao final da semana, mo enviades en foto, poderei facer un dossier para que vexan o resto de nenos da clase, para que todos teñades ideas superdivertidas! Podedes facelo con boli ou no ordenador. 

5. Música

Moito ánimo  e moita forza! que xa nos queda un pouquiño menos!


#3ºA #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

Entradas Recientes

Ver todo

O alumnado de terceiro realizou unha nova entrevista sobre a multiculturalidade na aula. Resolvimos moitas dúbidas e curiosidades sobre outras culturas diferentes á nosa. Animávosvos á escoitar con at

bottom of page