top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Proposta tarefas alumnado de 5ºA e 5ºB


Ola!!

Que tal seguides? Espero que mellor e xa puiderades saír a dar un paseíño. 

Para esta semana tedes as tarefas de cada materia (recordo que podedes imprimir ou copiar nos cadernos correspondentes), pero a maiores tedes outra actividade. Lembrades aquelas cartas e aqueles dados que usamos no Samaín e no Nadal para inventar historias? Pois esa é a proposta a maiores desta semana. Tedes unha foto das cartas nas que sae: un regalo (cousa), un lobo (personaxe), no ceo (lugar). Xa sabedes como funciona. Hai que inventar un conto/historia no que aparezan esas tres cousas. Podedes facela en galego (no caderno de galego) ou en castelán (na libreta de lengua) na que prefirades. Ten que ocupar entre 5 e 20 liñas. Desta actividade teredes que enviarnos fotos para poder corrixilas. Das demais actividades subiranse as solucións a finais de semana.


Moitos ánimos e biquiños a todas e todos!!!


#5ºA #5ºB #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page