top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Proposta de tarefas para o alumnado de 2ºEP

Ola:


Recibide un saúdo e desexo de benestar para vós e todos os vosos seres queridos, nestes días de separación obrigada pola situación á que toda a sociedade nos vemos na obriga de respectar as ordes ditadas, polas que temos que quedar na casa, por culpa dunha situación que a ninguén nos gusta, pero temos que pasala.


Como temos que permanecer separados durante un tempo e coa intención que sexan máis levadeiros estes días, aquí deixo algunhas cousas de repaso para que vaiades facen ao longo de toda a semana. Clicade en cada materia e poderedes ver as fichas. Non esquezades que non estamos de vacacións e o curso continúa, así que a enchufarse con gañas e a facer algo cada día para non perder ritmo nin aburrirse.



Para calquera dúbida, pregunta, consulta ou idea que poidades aportar, déixovos un enderezo de correo electrónico para que vos poidades por en contacto comigo:

mrolan.nacasa@gmail.com


Tamén contades con enlaces para poder acceder a actividades interactivas na rede como:

https://sites.google.com/site/elprimerciclodeprimaria/recursos-interactivos-ed-anaya

https://www.mundoprimaria.com/

https://www.mundoprimaria.com/fichas-para-imprimir


Lembrarvos, tamén, a posibilidade de ver no canal CLAN os programas educativos que están a por (para vós de 9 a 10 da mañán) e que vos poden servir para repasar e aprender novas cousas. Tamén hai programación específica en TVG2 dende as 11 h.


Espero que o pasedes ben, vos coidedes moito e, sobre todo,

EU QUEDO NA CASA



Un saúdo para:

Hassnain, Nayara, Lucia, Carlos, Mahdi, Doaa, Yanira, Aron, Josías, Antonio, Aroa, Hugo, Adryan, Sara, Yaiza, Sandra e Aitana.


MANOLO



#2ºEP #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page