CEIP Princesa de España
Proposta de Educación Musical
Bos días, aquí estamos una semana máis coas pilas cargadas.

Esta semana en música propóñovos facer un instrumento musical con material de reciclaxe. Seguramente na casa tedes materiais que tirades ao lixo e que, para esta actividade, podedes reutilizar. Podedes empregar o material que queirades. Botádelle imaxinación posto que hai mil formas e instrumentos.
Podedes enviarme o voso traballo ou preguntarme calquera dúbida ao correo mariacastro8517@yahoo.com ou o Número de Whatsapp 655679416.
1º e 2º de Primaria:

Na primeira imaxe so necesitades un rollo de papel hixiénico, que o decoren ben e despois tapar a parte de abaixo e de arriba, por dentro podedes poñer arroz, garavanzos…. o que queirades.
Na segunda imaxe simplemente nunha botelliña de auga que eles mesmos poden decorar, metemos un pouco de arroz e xa temos unhas maracas.
3º e 4º de Primaria:

Na primeira imaxe temos uns tambores feitos con latas usadas e despois tapadas con tela/plástico ou goma eva. Tamén se podería facer con botellas de plástico ou con calquera material que imaxinedes.
Na segunda imaxe faríase cunha botella de auga cortada e unindo as partes de arriba e de abaixo, despois por dentro meteríaselle o que vos queirades.
5º e 6º de Primaria:

Na primeira imaxe fariámolo cunha caixa de “quesitos”, hai que facerlle dous buracos polos lados para despois colgar os tapóns de botella, así faríamos ritmos ao ladealo dun lado para outro.
Na segunda temos unhas castañolas feitas con dúas chapas pegadas nun cartón ou nunha cartolina.
#1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020