CEIP Princesa de España
Proposta de Educación Física
A moverse! Non podemos pasar toda a corentena sen actividade física dedicando o tempo de lecer á “Play” e aos dispositivos electrónicos.
Aquí tedes unhas propostas de xogos, actividades e circuítos moi sinxelos para facer en casa, e non vos preocupedes se non tedes algún material, os conos poden substituírse por botellas, rolos de papel hixiénico, latas de refresco ou conservas. Se non temos pelota, uns calcetíns ou unha camiseta vella enrolada . A corda pode cambiarse por fíos ou lá…
Imaxinación rapaces e rapazas! Deixámosvos os vídeos para que vexades a actividade que tedes que realizar.
Moito ánimo e a desfrutar xogando que pronto nos veremos no cole e poderemos facer todos os xogos que temos pendentes cos compañeir@s.
#EF #EI #1ºEP #2ºEP #3ºEP #4ºEP #5ºEP #6ºEP #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020