CEIP Princesa de España
Proposta de actividades para 6ºB
Ola de novo, nen@s!
Que tal de "vacacións" de Semana Santa? Espero que todo siga ben.
Xa sei que sempre vos digo que "xa queda menos!" e parece que é mentira, pero..., de verdade, xa queda menos para que poidamos saír a tomar o sol, a ver aos amigos (mantendo certas distancias) e incluso voltar ao cole. De momento seguimos na casa, e como non temos outras indicacións por parte da Consellería de Educación, seguimos repasando contidos que xa traballamos durante o curso. Non por ser un repaso son menos importantes. Grazas a elo podemos afianzar aqueles contidos que nos quedaron un pouco máis frouxos, e afrontar así o curso que ben dunha maneira máis segura. Animádevos, póndevos as pilas e a traballar!.
Pronto volveremos a vernos!
#6ºB #PropostaActividades #CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020