top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Proposta de actividades para 2ºEP

Ola:

Unha nova semana comeza e quero expresar un desexo de benestar e ledicia, pensando que xa vai quedando menos para volver a vernos. Espero, ademais, que vós e os vosos seres queridos esteades en perfecto estado, buscando actividades, pasatempos, axudándovos nas distintas tarefas e dándovos ánimos entre vós para superar estes días de confinamento.


Déixovos as actividades a realizar ao longo das dúas próximas semanas, pensando que seguides a repasar a bo ritmo e que estades seguindo un horario para non perder as rutinas, continuando co repaso de todas as materias estando atentos á páxina web do colexio (https://www.ceipprincesaespanha.org/).

O luns 13 de abril subireivos as correccións destes dossieres para que revisedes os exercicios.


Aquí vos deixo os enlaces aos diferentes documentos e uns vídeos para que aprendades moito:





En CLAN TV de 9 h a 10 h da mañá tedes, de luns a venres, unha programación educativa específica para vós, ademais da programación que TVG2 ten deseñada a partir das 11 h.


Quero pedirvos ás familias que descarguedes nos vosos teléfonos móbiles ou tablets a aplicación ”abalarMóbil“, pois vai ser a través deste medio onde ides ter acceso, por exemplo, ás notas da 2ª avaliación que imos cargar ao longo desta semana e das que se dará aviso a través da páxina web do colexio en que data van estar dispoñibles. Pero, repito, é IMPRESCINDIBLE que descarguedes a aplicación.

Para calquera dúbida, pregunta, consulta ou idea que poidades aportar, este é o meu enderezo electrónico:

mrolan.nacasa@gmail.com

Lémbrome moito de vós e teño moitas gañas de poder compartir momentos no colexio, pero neste momento hai que coidarse. Por eso:

EU QUEDO NA CASA

Un saúdo para todos os nenos e nenas de 2º A do CEIP Princesa de España.

MANOLO


#2ºEP #PropostaActividades #CorenenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page