top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Proposta de actividades de AL

Ola nenos e nenas, que tal estades?

Eu a verdade é que con moitas ganas de saír á rua e poder ir ao cole, pero desta vez toca quedar na casiña. 

Gustaríame propoñervos unha serie de actividades para esta semana, a todos os que vides á miña clase. 


Para os peques de EDUCACIÓN INFANTIL, gustaríame que me mandedes un vídeo coa canción que traballamos moitas veces na clase. Xa a sabedes, así que soamente tedes que ensaiala unha vez ou dúas con mamá e papá. 

Aquí vos deixo o enlace para poder recordala:


As alumnas e alumnos de 1º DE PRIMARIA, a vos que sodes máis maiores quero proporvos algo máis difícil. Tedes que intentar memorizar UN dos trabalinguas que deixo a continuación, e grabándevos recitándoo. Seredes capaces?


Maragato pato,

fillo dunha chincha.

Cando o galo canta,

o maragato rincha.


 

Mariana Magaña 

desenmarañará mañana

la maraña que enmarañara

Mariana Mañara


 

Para as alumnas de 2º DE PRIMARIA, as actividades son diferentes: 

  • Y. F.

Gustaríame que elaborases o teu propio abecedario, debuxando en cada letra un animal ou un obxeto que comece por esa letra. Podes mandarme as fotos ou un vídeo ao rematar!


  • D. E.

Gustaríame que escribises un pouco. 

Que tal se elaboramos un DIARIO DE CORENTENA?

Podes escribirme unha ou dúas liñas, as veces que ti queiras ao meu correo, contándome:

  • Unha actividade que fixeras na casa.

  • Como te sintes ese día.

  • Que che gustaría facer cando volvamos ao cole. 


Prometo contestar!


 

Para os alumnos de 3º DE PRIMARIA:


  • J. D. A.

Encantaríame que realizases unha frase curta con cada unha das palabras: 

CORONAVIRUS

CASA

GANAS

ABURRIMIENTO


  • M. 

As actividades que che remite por correo a profe Paula. 


 

Para o alumno de 5º DE PRIMARIA (M.R.)

Xa sei que non che gusta moito o de grabarte, pero estaría ben que, utilizando os trucos que ti e eu sabemos, me mandaras un pequeno vídeo contándome como estas vivindo esta experiencia. Encantaríame  recibilo!! 


 

Para o alumno de 6º DE PRIMARIA (J.R)

Seguindo o traballado nos últimos días de clase, gustaríame que escribises unha pequena poesía de 5 ou 6 liñas contándonos a túa experiencia na casa. Recorda o que significaba que dúas palabras tivesen RIMA… 

Podes enviarnos un vídeo para poder verte. Se o fas, recorda a forma de falar en público… as nosas pautas… 


 

Todas as actividades podendes mandarmas ao enderezo:   aprofeesther.nacasa@gmail.com


Moito ánimo peques! Seguro que nos vemos moi pronto!


#AL #PropostaActividades#CorentenaCOVID_19 #Curso2019_2020

bottom of page