CEIP Princesa de España
Pleno Infantil
Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria participaron, xunto con outros centros de Verín, no Pleno Infantil 2020 celebrado onte no Auditorio.
Nel estaban o tenente de Alcalde: Diego Lourenzo e tres concelleiras: a de Cultura e Festexos, Emilia Somoza, a de Recursos Humanos e Réximen Interior, Rosario Rodríguez e a de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago.
O tema a tratar era o "Medio Ambiente".
Parte do noso alumnado de 6ºA e 6ºB expuxo, acompañado dun PowerPoint, diferentes problemáticas derivadas do cambio climático como: o desxeo dos polos, o aumento do nivel do mar, da temperatura da terra...
Tiveron a ocasión de facerlles unha proposta e unha pregunta relacionada con este tema, e logo os demais asistentes ao acto puideron facerlle preguntas doutros temas ao Alcalde en funcións.
Pasámolo moi ben e foi unha experiencia moi enriquecedora para tod@s.