CEIP Princesa de España
Os proxectos de 6ºA
Ao longo destas semanas, os alumnos e alumnas de 6ºA, traballaron diferentes proxectos, e aquí está o resultado.
Esperamos que vos gusten!
MATEMÁTICAS: CORPOS XEOMÉTRICOS
Para comprender mellor o tema das áreas e os volumes dos prismas, poliedros e corpos redondos, os nenos e nenas de 6ºA construíron estes corpos xeométricos. Algúns ata os decoraron e os fixeron de cores, quedaron chulísimos e aprenderon moito!
Grazas a Andrea, Esme, Raúl, Sabela, Soraya, Érica, Jose e Diego por compartir o voso traballo!
NATURAIS: EXPERIMENTO
Coa finalidade de comprender o temas de naturais, sobre as mesturas e sobre diferentes reaccións químicas (fermentación, oxidación ou combustión), que teñen lugar ao poñer en contacto diferentes materias, os nenos e nenas de 6ºA fixeron diferentes experimentos caseiros que podedes ver a continuación e cos que seguro que aprenderedes moitas cousas.
Andrea, Esme, Érica, Raúl, Jose, Sabela e Diego, convertéronse en científicos para elaborar estes increíbles titoriais.
CARTEL PLÁSTICOS: NATURAIS
Os rapaces e rapazas de 6ºA elaboraron estes carteis sobre o excesivo consumo de plástico e a non reciclaxe dos mesmos, para concienciar á sociedade de que se cada un de nós pon un graniño de area, poderemos conseguir que o planeta deixe de sufrir.
Esta actividade compartírona: Raúl, Érica, Sabela, Andrea, Esme e Jose.
ANUNCIO:
Andrea e Esme fixeron estes anuncios publicitarios para demostrar que poden chegar a ser grandes inventores de noticias.
Bo traballo chic@s!