- CEIP Princesa de España
Orientacións para actuar con nenos/as con problemas de conduta

- O neno/a debe saber o que se pode e o que non se pode facer, o que está permitido facer e o que non.
- E necesario ser moi constante nas regras e na disciplina.
- Ten que estar ó tanto das consecuencias que se producirán nel no caso de transgredir as normas.
-Procurar que o neno/a non teña nunca proveito algún da súa conduta agresiva.
- Convén cumplir sempre tanto os premios como os castigos merecidos.
- No trato con el, evitar os enfoques negativos, os desprezos...
- Recoñecerlle o neno/a calquera conducta positiva por pequena que sexa.
- Atender as sinais que anuncian unha conduta negativa para intentar evitala a base de capatar mooto a súa atención en cousas que o descentren desa situación.
- Louvar en público as súas condutas de colaboración, as súas tarefas ben feitas, os seus modais...
- Traballar un autoconcepto positivo. Algo que non podemos esquecer nunca por incidir de maneira determinante nos comportamentos e rendementos. O mestre debe destacar os seus valores positivos, aínda que sexan mínimos.
- Evitar airear ante os demais as súas malas condutas pois quedaría publicamente fixada a imaxe de "neno malo", xa que así evitaremos que se produzan esas condutas.
- Darlle "responsabilidades", o cal é esencial para o seu crecemento. As tarefas deben estar dentro das súas capacidades aunque requiran supervisión.
SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE...DEBEMOS RECOÑECER OS SEUS ESFORZOS POR IMPERFECTOS E PEQUENOS QUE SEXAN!!