CEIP Princesa de España
Obradoiro Machistómetro
Onte, as nenas e nenos de 6ºEP asistiron á Biblioteca do centro para recibir unha charla sobre o machismo.
Antía, da Xeración Sociedade Cooperativa Galega, explicoulles diferentes conceptos como o sexo, o xénero, a intersexualidade, o machismo, o feminismo e o micromachismo, entre outros.
A continuación, fixeron unha actividade chamada MACHISTÓMETRO, na que o alumnado tiña que analizar diferentes frases e dicir se tiñan algunha connotación machista ou non.
Foi unha sesión amena, na que ademais de aprender moitos conceptos, o alumnado puido propor as súas aportacións persoais con respecto ao tema.
Por último, queremos destacar e agradecer a profesionalidade de Antía que fixo da súa sesión un momento único que o alumnado non vai esquecer.
#6ºEP #ER #Igualdade #XeraciónSociedadeCooperativaGalega #Curso2019_2020