CEIP Princesa de España
O día máis importante
As nenas e nenos de 1ºEP realizamos un proxecto relacionado co conto "A que sabe a lúa?"
A profe Eva dramatizou o conto e despois fixemos un mural no que colocamos un animal para poder axudar ao ratiño e que puidese probar a lúa.
E falando das cousas que máis nos gustan... souberon que o día máis importante do ratiño foi o día que alcanzou a lúa, pero sabedes cal foi o día no que conseguiron tocar a lúa as nenas e nenos de 1º??
Pois cada un deles fixo un debuxo dese día e despois explicaron porque foi o mellor día da súa vida!!!!
Esperemos que vos guste o vídeo, para as profes ver a ilusión coa que o contaban, fixo que fose un día moi especial!