top of page

A nosa bitácora

Foto del escritorCEIP Princesa de España

Mirando cara a nosa saúde!

O pasado venres tivemos unha nova sesión de Edusaúde, un programa no que en cada sesión achegámonos un pouco máis ao coñecemento para aprender a coidar a nosa saúde física e tamén mental. Qué importante é coidarse!!

Vos deixamos unha mostra das actividades que tivemos en cada curso!



En educación infantil observamos as diferenzas entre pezas de froitas, mermeladas e compotas.







En 1º e 2º de primaria festexamos un cumpleanos saudable cambiando algúns ingredientes, fixemos brochetas con froitas, vimos as propiedades dos froitos secos, fixemos palomitas, e tomamos torradas con crema de chocolate saudable.







En terceiro e cuarto de primaria observamos a cantidade de azucre que poden ter alguns alimentos que tomamos con asiduidade, a través dun vídeo. Posteriormente fixemos unha chovia de ideas sobre como poderíamos facer pequenos cambios na nosa alimentación para reducir a cantidade diaria de azucre.



Commentaires


bottom of page