CEIP Princesa de España
Mes da alegría na Biblioteca
Bo día familias! O mes pasado explicamos a importancia de traballar as emocións cos nenos/as para o seu desenvolvemento integral. Empezamos polo medo por ser, por excelencia, Outubro o mes no que mais se manifesta esta emoción a través da celebración do Samaín.
Para dar un xiro radical, en Novembro falaremos da alegría, esa emoción tan importante nestes tempos que debemos de contaxiar uns aos outros/as. A positividade que nos transmite, unida coa necesidade de desfrutar as pequenas cousas que nos ofrece a vida e celebrar eses pequenos momentos positivos cada día, fan que traballala sexa fundamental.
Por todo iso, adxuntamos a continuación diversos enlaces de interese que podedes consultar, así como un actividade final divertida. Encontraredes consellos para traballar a alegría na casa, contos sobre as emocións, recursos en rede e moito máis.
https://infosal.es/recursos_inteligencia_emocional/
https://cuentosparadormir.com/valores/cuentos-de-alegria
http://laclasedemarysusproyectos.blogspot.com/2017/01/taller-de-emociones-la-alegria.html
https://educayaprende.com/juego-educativo-el-jardin-de-la-alegria/
E por último, propomos a seguinte actividade. Animádevos! Seguro que @s peques se animan cando vos vexan!

#EI #EP #Biblioteca #ER #Familia #EducaciónEmocional #Plambe #Curso2020_2021