top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

Menú para o mes de Marzo

Estimadas familias!!

Deixamos aquí o menú de marzo con algunhas modificacións interesantes para a saúde dos vosos pequenos e pequenas. Como xa sabedes este curso estamos a introducir diversos alimentos que antes non probaramos no noso comedor, debemos de plantexar os cambios alimentarios pouco a pouco. Ademais disto temos a seguinte novidade:


O CEIP Princesa de España de Verín é un dos centros escolares participantes na IV edición da "COME LOCAL" , campaña para promocionar os produtos galegos de proximidade e con indicativo de calidade, impulsada pola Xunta de Galicia a través de @experienciasdecalidadegalicia.


Entre outras cousas, achegarase varios produtos galegos con certificado de calidade (DOP, IXP e Ecolóxicos de proximidade) a cada un dos comedores para dar a oportunidade de que os nenos e nenas poidan degustar varios produtos dunha excelente calidade con orixe Galicia e cunha trazabilidade garantida.


Ao noso colexio chegaron hamburguesas ecolóxicas de tenreira (@craegagalicia), un produto dunha elevada calidade e con orixe local que fixo as delicias dos nosos comensais







bottom of page