top of page

A nosa bitácora

  • Foto del escritorCEIP Princesa de España

MBOT: Robot educativo

Comezamos o segundo trimestre iniciándonos nun novo proxecto: Robótica.

A semana pasada realizamos unha videoconferencia cos nenos e nenas do CEIP Vilariño de Conso. Ensináronnos os primeiros pasos para iniciarnos no mundo da robótica. Son uns expertos no manexo do mBot, explicaronnos as diferentes partes e amosáronnos como programan os seus robots.

Despois, foi a nosa quenda. Descargamos a aplicación mBlock Blockly para poder manexar o mBot.

Hoxe foi a segunda sesión, estamos completando diferentes tarefas que nos axudarán a programar o robot e crear outros proxectos.

Sen darnos conta e a través do xogo, estamos traballando diferentes disciplinas relativas a ciencias, tecnoloxía, matemáticas e lingua. De forma transversal e divertida facilitamos o desenvolvemento do pensamento lóxico, reforzando coñecementos e involucrando aos nenos e nenas no seu proceso de aprendizaxe.


#Intercentros #Robótica #4ºEP #5ºEP #6ºEP #AL #Curso2019_2020

bottom of page