A nosa bitácora

  • CEIP Princesa de España

Galletiñas Saudables en 4ºA!

Desta volta, no noso proxecto "A volta ao mundo en 80 días", estamos a coñecer EEUU.

Pero resulta que a comida a que están acostumados, non nos gusta nadiña! Bueno, para ser sinceros diremos que nos gusta, pero que non se debe comer todos os días...

Por iso, descubrimos recetas saudables e riquísimas, porque vos queremos demostrar que comer san non é aburrido!

Así que fixemos galletiñas de avea, dátil, ovo e chocolate! E non vexades como nos puxemos...